Esta semana, no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, comezaron os obradoiros entre homes e mulleres para a loita contra a violencia de xénero que se levan a cabo por parte da técnica de Igualdade, contratada polo Concello de Camariñas. Este ano a temática dos talleres é a violencia de xénero e o amor romántico mediante o análise crítico de varias cancións. Valéndose destas composicións preténdese previr ideas como o amor romántico avasalador, que todo o perdoa, que todo o quere, asimilar os conceptos ocultos mediante a música que eles escoitan pop, rock, reguetón... ou descubrir mitos que poden encerrar perigos. Participan nestes obradoiros os alumnos do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto.