- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Marzo 2008 06 Marzo 2008
A muller coraxe

Mikel P.I. (Private Investigations), como aquel melancólico detective de floreada camisa hawaiana, continúa patrullando implacablemente as calles de Camariñas en busca de reportaxes de investigación que ofrecer ao gran público camariñán, unha lexión de seguidores que quedaron impactados co debut do periodista científico de camarinas.eu. Neste segundo episodio do CSI Camariñas o principal investigador privado do Campo fai unha parada noutro barrio emblemático de Camariñas para entrevistar a unha muller de leyenda.
" A MULLER CORAXE "

Nesta segunda edición da miña colaboración co diario máis visto de toda a Costa da Morte, debo rendir homenaxe a unha "muller coraxe", unha "nai coraxe" e unha señora moi querida en tódolos portos coñecidos. Tivo que afrontar o rumbo dunha vida moi difícil naquela época onde nin sequera habia alumbrado polas rúas. Pasou a maior parte da súa vida entre os mariñeiros, patróns e compradores da nosa vila. Loitadora e moi intelixente, armas que tivo que utilizar para poder afrontar unha vida que se lle torceu cando o seu querido home "Manolo", padeceu unha ceguera por enfermidade levando apenas uns anos casados. Manolo do Fulias, mariñeiro de profesión, tivo que agarrarse a 800 antigas pesetas. Ahí comenzou esta muller a emprender unha hazaña digna de admirar por calquer muller do planeta. Percebeira, compradora de peixe, vendedora e asalariada dos Cerdeiras unha época. Tirou do seu famoso carro miles de kilos peixe do cerco.
Con doce fillos enxendrados, oito viven na na actualidade; Lola, Carmen, Susa, Barca, Marisol, Elena, Rosa e o único varón Jose. Avoa de trece netos e tres bisnetos.
Un pracer para min presentarvos a "SRA MARTA":
Marta Barcia Gerpe, natural de Camariñas. Nacida no Outubro do ano 1928.
Mikel- ....Vivío sempre en Corea?
Marta-....Non, de recén casada fun para a casa dos meus sogros. Despois cando fixeron as casas baratas (que de baratas non tiñan nada), viñemos para aquí e aquí quedamos definitivos.

Mikel-....A qué idade se casou?
Marta-....Tiña 19 anos.
Mikel-...Traballou sempre dende que se casou?
Marta-...Sí, sempre traballei. Por aquela época tiñamos que traballar todos e non chegaba. Por desgracia o meu home quedou cego moi pronto e uns anos máis adiante deixome soa, quedei viudiña cando mellor estábamos. Tuven que ir aos percebes, as ameixas, a fábrica dos Cerdeiras (que sempre deron moita vida ao noso pobo), anduven ao balume, compraba carnada para os barcos, para compradores como Mouzo Mar (Camelle), Pedreira(Arou), Rey e os Buños ,ata preparaba a xarda (para cebo) de máis de trinta barcos que daquela época andaban ao Canto (merluza) de noite no muelle e de día cas miñas obligacións.
Mikel-...A calqueira porto pesqueiro que von, coñecen a Señora Marta, qué me di deso?
Marta-...Non sei, pode ser porque eu atendía moitos barcos de Camariñas, Arou, Sta Mariña, Camelle, Malpica e ata Canduas. Eu debía terlle listo o peixe a moita xente e cando non había peixe na nosa lonja tiña que traer camións ata dende Ribeira e despois descargalos claro.
Mikel-...Botou de menos cando parou de facelo?
Marta-...Claro que si meu filliño. Aínda hoxe en día o boto de menos. Miro sempre pola ventana da miña casa (situada en frente da lonja) e cando vexo movemento de xente descargando peixe alégrame o día. Hai noites que aínda soño que estón comprando. Aínda que a lonja xa non pite, cando vexo aos mariñeiros pregúntolles quen trae peixe e a cómo foi de precio.
Mikel-...E por qué parou de comprar, por falta de saúde?
Marta-...Non, empezaron a vir os impostos, os seguros e moitas cousas máis que facían que xa non compensara traballar. Eu era unha muller que non queria abusar dos precios e decidín deixalo.
Mikel-...Tivo algunha vez algún problema no seu oficio?
Marta-...Nunca, bueno si, unha vez un lonxeiro púxome unhas trabas cando parei máis de 3000 kilos de sardiña. Fun xunta o alcalde Bautista (nunca máis o molestei para nada) e falou co lonxeiro diante miña e arregloume o problema no instante. Dende aquela nunca máis tiven nada con ninguén.
Mikel-...Velle futuro a nosa pesca de baixura?
Marta-...Moito non, e cas cousas que estan pasando ultimamente menos. Estón moi triste porque pararon a dous barcos dunha persoa que para min e para o meu home foi como un fillo: meu sobriño Lin.
Mikel-...Di vostede que Lin foi como un fillo, vese que lle quer ben verdad?
Marta-...Si,non o digo porque sexa teu tío. Lin para min foi moi bo e nós para él. Con eles o pobo sempre estuvo cheo, eran moi boas persoas, daban bolsas de peixe a todo mundo e eso para os que estamos xubilados era unha grande axuda. Oxalá volten pronto eses barcos ao mar.
Mikel-...Qué pensa vostede que teríamos que facer os xóvenes para non ter que coller as maletas?
Marta-...Non sei pero aqui non hai traballo para homes nin para mulleres. Os traballos están contados.
Mikel-...(Nese intre veñen as bágoas a faciana da nosa heroína). Pásalle algo Sra Marta?
Marta-...(Agarra a miña man) Estón ben, teño o cariño de todas as miñas fillas, dos meus netiños pero fáltame Jose, está moi lonxe.
Mikel-...Cando se vivía mellor Marta, antes ou agora?
Marta-...Agora oh, antes era todo mui duro, non pagábamos impostos como agora pero tampouco tiñamos nada máis que fora as nosas mans para traballar. Agora hai moito gasto, si luz, teléfono, funeraria en fin, cando vas cobrar xa tes que apartar aquelo para pagar, pero con uns aforriños e ca paga aínda que sexa pequena vívese moi ben hoxe en día.

Mikel-...Falando de funeraria, pensa que sería bo ter un tanatorio en Camariñas?
Marta-...Home, claro que seria bo. Hoxe en dia téñeno en casi tódolos sitios. Unha persona que teña unha casa pequena ten problemas para velar o seu ser querido, canto antes o fixeran mellor para todos e despois cada un que velara onde quixera.
Mikel-...Moitas gracias señora Marta por brindarme un cachiño da súa valente e honrada vida, pero antes de marchar quería que me deixara unha anécdota que lle pasara...
Marta-...(Entre risas) Unha vez iba co can ao balume, levábao solto, fai moitos anos xa desto. A Garda Civil pasou por alí e multoume. O Perdido non me deixaba sola nunca e despois tíñao que amarrar ao carro. Ata salira no periódico porque unha multa por eso naquela época era raro, e o meu canciño era manso e moi boiño.
Salgo da súa cociña, tremendamente agradecido polo calor que me brindou a nosa Muller Coraxe, quero agradecer tamén a colaboración prestada polas súas fillas e Jose de Marta, fiel usuario de Camarinas.eu. Un auténtico honor para min deixar esta segunda edición adicada a un xénero feminino,l oitador e sempre realista como a vida mesma. Moita Salud Sra Marta.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O que si quere salientar a nosa homenaxeada é da importancia que tivo no desenrolo de Camariñas a súa irmán "María de Marta", fundamento que eu tamén comparto e deixo constancia delo co nacemento da miña filla Jenny avisándome do tempo exacto q lle faltaba para alumbrar á súa nai. A matrona que tíñamos antigamente antes de que estivera o Hospital de Cee e cando chegaba moi tarde a xente para alumbrar os seus retoños ao Materno da Coruña. Como todos sabemos a irmán da Sra Marta sacou a luz moitos nenos, aparte de ceremoniar os mellores banquetes cando naqueles tempos se facían as bodas e comunións no baixo de Perrúa. María cociñou as mellores delicias da nosa Camariñas querida. Dado o seu estado de saúde non quixen molestala e deixo un pequeno homenaxe a esta familia que sacou talentos moi valiosos para toda a nosa Vila.
Queda constancia nun pequeno vídeo (que poderedes ver mañán), dun alumbramento retoñal relacionado ca súa irmán e o seu fillo, no mítico Land Rover do noso inesquencible Sr. Ruperto Mosquera e tamén unhas palabriñas ao seu fillo Jose, sempre pendente de chamarlle as 10 da noite tódolos días dende Londres para recordarlle que ten que poñer o seu medicamento.
Comentarios
Señora Marta ademas d traballadora é unha moi boa muller, e bueno toda a familia, q son os meus veciños d toda vida.
Mikel ers un Crack!!!!
bikiñsss
Espero una entrevista cua sua irma Maria de marta xa que somos moitos que lle debemos a nosa existencia. (ainda que me sacara polas orellas...jajaj ajaj)
bo traballo Mikel,inda q me qeda unha duda,¿seria ese carrito q nombrastes o q mas km fixo do pueblo?............
saludos a ti,pero espesiales pa sra MARTA
Tamén gardo moi bos recordos do meu abuelo Fulias,acordome que pelaba as patacas perfectamente,t iña un oido que era unha pasada e un corazón incrible.Dios o teña na gloria!
Por certo,sempre se di que o can é o mellor amigo do home pero,neste caso,o Perdido era o mellor amigo de miña avoa.
Gracias Mikel e Diego por esta homenaxe a miña avoa.
Por último, eu tamén penso coma o Soco,outra entrevista a miña tia Maria,outra muller digna de admiración.
Mikel con su narrativa nos ha mostrado una parte del bonito cuadro que ha pintado Sra. Marta a lo largo de su vida, la vida de nuestro pueblo en estado puro…
Sempre me acordarei de cando criaba os porcos que eran tan grandes que casi non andaban JAJAJAJA. Un biquiño a ela e a toda a familia xa que os queremos moi ben desde siempre
Esta reportaxe creo que é un pequeno homenaxe a todas elas.
Sra. Marta, noraboa por todo o que fixo na súa vida, de verdade. A súa familia de seguro estará moi orgullosa de vostede.
E a Mikel darlle as gracias por todo o que fai, e polo cariño co que o fai.
Os que pasamos de largo a ¿cincuentena? coñecemos moi ben toda a actividade desta vital muller.Sempre que vou o pobo de ano en ano teño que facer a charrada casi ben que cada dia,con ela.
Noraboa pol-a reportaxe.
Un saudo tista
un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.