1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Aínda que o tempo non corresponde ao que debería con respecto ao mes no que nos situamos, os respectivos grupos de limpeza do Concello de Camariñas ao mando do concelleiro Xaviñán Sergio Caamaño, comezaron a limpeza das praias de todo o territorio municipal. Dende principios desta semana a gran maioría dos operarios dispoñibles polo consistorio afanábanse na limpeza da praia de Area da Vila en Camariñas, Lingunde, O Ariño en Xaviña así como tamén na coqueta praia de Camelle usando para elo unha máquina que limpa e clasifica a area descartando tanto a suciedade como plásticos ou restos de basura así como tamén retirando perigosos restos de cristais e as molestas pedriñas dos nosos areais. Despois da actuación nestes dous importantes areais o Concello de Camariñas continuará coa limpeza no resto das praias que quedan sin acicalar para comezar un verán que se presume moi importante no que a afluencia turística se refire, así que o Concello de Camariñas non quere que os pille o toro. Tal e como nos comunica o concelleiro de obras Juan Carlos Canosa dende o concello queren ter todo listo antes de que chegue o bo tempo para evitar molestias como sucede ano tras ano noutros lugares. Señoras e señores, o verán camariñán xa está aquí.

O Concello de Camariñas limpa a praia de Camelle

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.