- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Marzo 2008 04 Marzo 2008
Sobre as 16:00 horas deste martes 4 de marzo comenzaron oficialmente as obras para a construcción da segunda fase do paseo marítimo de Camariñas, que continuará o trazado actual ata chegar ao espigón vello no que se realizará un trazado peatonal. As obras foron adxudicadas polo goberno socialista de Touriño da Xunta de Galicia cun orzamento de 1,5 millóns de euros e serán levadas a cabo pola empresa de construcción Lopez Cao.
Sen dúbidas con este novo paseo marítimo o pobo de Camariñas terá a fachada marítma que merece e unha das máis fermosas da zona, aumentando desta forma Camariñas o seu potencial turístico cun importante espacio de lecer onde os cidadáns poderán pasear tranquilamente admirando o noso porto. Agora tan só queda que Portos de Galicia ou calqueira outra administración competente tiren con esa vergoña que significa as columnas que están situadas diante do Restaurante Puerto Arnela (e xa mundialmente coñecidas debido ao seu valor arquitectónico como "Petra" ou "Persépolis"). Pulsa na foto para ver o video capturado in-fraganti do comezo dunhas obras que serán históricas.
Comentarios
o primeiro que se me ven a cabeza cando lin a noticia foi o mesmiño ca el.
Sacan ou non sacan os alcantarillados?
Estón moi contenta de que se fagan melloras no pobo, encantame cando vou de vacacións e vexo as cousas novas que se fixeron; pero todas esas cousas hai que facelas ben.
Estou segura de que a segunda fase do paseo, ó igual ca anterior, vai a quedar moi bonita; pero, por desgracia, a marea baixa tódolos dias e cando eso ocorre, bonito e agradable non son precisamente adxectivos para definir o lugar.
É realmente unha pena!!
1º- Recóllense TÓDOLOS vertidos. Vaise facer un pozo de decantación no recheo que se está facendo para bombear tódolos vertidos cara a depuradora que se vai a construír en Portocelo.
2º- Faise muro, con cara de atraque, a todo o largo da praia do Campo e aprovéitase para dragar hasta a rampiña das gamelas que hai no Curbeiro (antes da fábrica do xeo). Mañán xa veredes as máquinas alí aprobeitando a marea.
3º- A obra segue a mesma estética que o paseo que xa está feito ate o Cansorro e cubrirase con madeira e unha ponte moi bonita a Dársena na súa totalidade (por encima dos muelliños, claro).
4º- Portos de Galicia xa está redactando o proxecto para a parte do Casino. Con iso completaremos toda a fachada marítima de Camariñas.
5º- Na mesma obra está incluída a mellora e reacondicioname nto das rúas que están no entorno da praia do Campo.
Espero que a información vos interese e vos sirva.
Saúdos.
xa me gusta máis a cousa, un proxecto interesante, si señor.
xa era hora de que lle cambiaran a cara o pobo.
A ver si cando vaia no verán xa hai algo listo.
Gracias.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.