- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 28 Febreiro 2008 28 Febreiro 2008
A nova sección de Mikel

Camarinas.eu tiña o compromiso adquirido dende fai dúas semanas de darlle unha sección a Mikel e agora procede a cumprir a súa palabra co primeiro episodio do CSI, Campo Scene Investigation, onde o noso fiel usuario Mikel levará a cabo unha labor de investigación microscópica que poñerá ao descuberto aquelas persoas, paraxes, feitos ou datos descoñecidos para o gran público camariñán. Hoxe para comenzar réndelle a homenaxe que merecía unha personalidade histórica de Camariñas.
CSI Camariñas: Episode 1

Nesta nova etapa de colaboración con Camarinas.eu, quero comenzar agradecendo o apoio recibido por usuari@s de moita índole para min, e polo tanto o Pobo manda. Tratarei diversos e variopintos temas. Buscarei noticias onde non as haxa. Descubrirei ao mundo o talento e lugares emblemáticos de todo o Concello con especial mención a nosa Vila dos Encaixes. Buscarei ca miña lupa microscópica curiosidades e feitos que se moven entre nós, será unha sorpresa cada contido ata para o noso queridisimo Director:"Diegonet".
Don o pistoletazo de saída cunha persoa que xa no seu día foi obxecto captado por La Voz de Galicia. Mariñeiro de nacemento e un dos mellores Patróns de Pesca que se acordan en Camariñas, información contrastada cos nosos antepasados. O primeiro Buzo (Rana) que se sumerxío nas nosas tenebrosas augas e acantilados, coñecedor das pedras percebeiras (heredada polo seu fillo Manolo, actualmente Rana en activo); descubridor do famoso banco de Camarón na Roda de Nemiña, camarón coma "Toletes"; coñecedor dos mellores cascos de barcos afundidos e polo tanto grandes criadeiros dos máis grandes lumbrigantes e langostas desaparecidas das lonxas xa fai uns anos; inventor do aparello fino, palangres que onde colgaban non se lle podían resistir os besugos e merluzas. Patroneou entre outras, o lexendario "Vulcano" cunhas das mellores tripulacións que se recordan no noso porto. Pero a súa xubilación non pudo parar a un corazón que actualmente reposa ao lado da súa familia e amigos xogando de vez en cando unha partidiña de barallas no bar de Corea por excelencia: o "Bar Arnela". Padrazo de sete fillos e moitos netos que son o exemplo e orgullo do noso pobo: Gelinita, Pilar, Jola, Charo, Carmencita, Lisa e Manolo.
Home de ben, experimentado nas duras etapas de transición da nosa España, que demostrou que o amor non ten fin ao lado sempre da súa querida Gelina. Mans curtidas que agora move facendo as mellores miniaturas artesanais, sen electricidade, a pelo (deixo para ledicia de todos nós unhas fotos onde poderedes apreciar algunhas das manualidades que realiza: nasas,cabazos,barcos,caracolas,etc).
Con todos vós:
Manuel Pasantes Mouzo ""LALO"", nacido en Camariñas na primaveira do 1933...
Mikel-Din q foi vostede un dos primeiros homes en baixar ao fondo de Buzo:
Lalo-Pois creo que o primeiro foi Manolo de Camuel e despois seguin eu.Por aquela época chegaban os traxes de rana e osíxeno as nosas antigas costumes do mar.
M-Coñecedor dos mellores cascos de barcos afundidos, onde crían as mellores langostas, lubrigantes e congrios de tamaño descomunal, ¿Qué futuro lle ve a Pesca de Baixura?
L-Na actualidade fallou moito a cantidade pero como o seu prezo aumentou, compensa igual. A xente nova ten que coller conciencia e respetar, tamén facer barcos novos para seguir ca tradición de toda a historia mariñeira.
M-¿De onde lle ven ese arte facendo miniaturas artesanais?
L-Nada, vendo cousiñas que facían outros, decidinme tamén a facer algo para matar o tempo.Cando estaba activo non pensaba nestas cousiñas, non tiña tempo.
M-¿Onde está o secreto para que o Amor sexa eterno en parella?
L-¡Buf, vaia pregunta eh!, pois non sei, quizás hoxe en día non se aguante nada, por calquera cousiña unha parella xa se rompe. Tamén é certo que hai que saber respetar sempre e como o primeiro dia.
M-¿Pon de menos algunha vez o mar?
L-Sí oh. Cando me retirei paseino mal uns meses. Despois vaste acostumando, na vida a todo se acostuma un, da gusto ver a xente traballando e navegar polo mar, eso ponse sempre de menos.

Unha vez rematada a entrevista co mítico camariñán Lalo, adentreime nun tema delicado e inesquencible para o pobo de Camariñas: Transcurría o mes de Agosto, un 16 concretamente, do ano 1979, cando nunha templada mañá o Vulcano non foi ao mar. Por aquel entonces a xente mariñeira iba ao famoso Canto, o mellor banco de merluza naquela época. A sorte, azar ou Deus fixeron que non hubera carnada e o Vulcano non fose ese dia ao mar.
Manuel Pasantes estaba no Bar Curbeiro como tódalas mañáns, a súa familia estaba na casa, abaixo Gelinita, Lisa, Pilar, Jola e demáis fillos. Arriba Manoliño, o fillo e único varón da familia. Tiña que estar só pois tiña un virus estomacal e para evitar contaxios estaba aislado na súa habitación. De repente uns veciños viñeron alertando de que saía fume e laparadas pola ventá da habitación onde se atopaba Manoliño de Gelines. Unha das súas fillas foi correndo a avisar ao seu pai, este sin dudalo un só instante corrío ata chegar a súa casa, efectivamente consumábase o peor, a casa empezaba a destrozarse cas laparadas. Pedro de Quisindín, un veciño que estaba alí, tiraba cubos de auga para intentar sofocar o lume. Lalo entrou polo balcón a buscar o que pensaba iba ser cadáver, entrou a escuras entre tanto fume e poido tocar a cabeza do seu fillo. Arrastrouno malamente como pudo e pasoullo a Pedro de Quisindín polo mesmo balcón. A fatiga de Lalo deixaba marcados os seus beizos con borralla e totalmente afumascado. Ningún dos ali presentes acababa de creer que Lalo poidera entrar na casa e saír vivo. Este relato vivíose en Camariñas nunha época onde non habia bombeiros nin protección civil, solo o atrevemento e valentía dun lobo de mar pudo loitar e contrarrestrar semejante desgracia que pudera haber pasado si ese dia Manuel Pasantes fora a pescar como un dia normal, menos mal que ese dia non habia carnada. Dende aquel fatidico día, o Vulcano non volvío a faenar ningún 16 de Agosto. Hoxe en día podemos seguir disfrutando do noso querido veciño Manoliño, que aparece na foto ca súa dona Montse de Ruperto. Ata aqui a azaña de Manuel Pasantes ""Lalo"" en tódalas facetas da súa experimentada vida.
Pois non quero molestalo máis, sempre atento hacia min, con esa mirada que desprende sabiduría e experiencia, don por finalizado o meu primeiro reportaxe, esperando fose do voso agrado e agradecendo profundamente a colaboración do noso talento camariñán. Moitas Gracias Lalo por brindarnos este cachiño do seu tempo. Unha aperta a toda Familia.
Comentarios
Mikel a sección está guay,gustounos moitisimo.
A ver con que nos sorprendes a semana que ven.
Por certo,estás moi guapo na portada.ja
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.