- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 27 Febreiro 2008 27 Febreiro 2008
A tradición Católica de Camariñas

Os redactores de camarinas.eu profesan coma non podía ser de outra maneira a relixión Católica, como xa a profesaron os seus pais, os seus avós, os seus bisavós, etc... Pérdese nas orixes do tempo a primeira huella da relixión Cristiana no Concello de Camariñas, cunhas xentes que como amosa esta foto sempre foron moi practicantes, ainda que entendendo o Cristianismo á peculiar maneira camariñana, todo hai que decilo.
Todo o que acabamos de dicir reflícteo esta fotografía histórica que nos fai chegar a nosa fiel usuaria Pión desde Cádiz, o lonxano e antigo Gadir colonizado por gregos e fenicios, para deixar constancia de tal feito. E seguro que se os redactores rebuscan entre a multitude que rodea ao tridente máxico da santidade formado por San Roque na dianteira, San Antoniño no medio e San Xurxo na retaguardia neste día de San Xurxo de 1972, atoparán unha gran cantidade de parentes seus (seguramente as nosas nais pero tamén tíos, tías, avoas, etc...). Como seguro que tamén vos pasa a vós. Pero esa é unha labor que teredes que facer os usuarios de camarinas.eu poñendo nomes a multitude inxente que rodea aos nosos queridos santos na foto ampliada a tamaño natural do interior.
A tradición Católica de Camariñas
Os redactores de camarinas.eu profesan coma non podía ser de outra maneira a relixión Católica, como xa a profesaron os seus pais, os seus avós, os seus bisavós, etc... Pérdese nas orixes do tempo a primeira huella da relixión Cristiana no Concello de Camariñas, cunhas xentes que como amosa esta foto sempre foron moi practicantes, ainda que entendendo o Cristianismo á peculiar maneira camariñana, todo hai que decilo.
Pulsa na Imaxe


Comentarios
¡¡¡ VIVA SAN JORJOÑO!!!!
---Estudiante---
¡¡¡ VIVA SAN JORJIÑO !!!
---Estudiante---
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.