1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas está a colocar puntos de recollida de lixo e crebas depositadas polo mar na fachada atlántica da costa municipal. Esta fachada forma parte de varios roteiros de sendeirismo, entre os que destaca o Camiño dos Faros. Facilítase así a labor dos visitantes e sendeiristas que, de xeito espontáneo, xa viñan colaborando na limpeza do litoral onde se acumulan todo tipo de lixo, especialmente durante os temporais do inverno.

De momento solo son catro contedores de lixo situados na zona de Sabadelle en Camelle, dous no Cemiterio dos Ingleses, e outros dous na praia Area Longa en Reira. Como se pode apreciar son contedores perfectamente integrados na paisaxe que permitirán que a extraordinaria paisaxe camariñana luza aínda mais.

En declaracións feitas a Camariñas.eu, o concelleiro de Medio Ambiente Sergio Caamaño, manifestou a intención do concello de seguir ampliando en próximos exercicios os puntos de recollida ate cubrir a totalidade das rutas de sendeirismo costeiras co cal estaríamos a falar dunha mellora cuantitativa na protección do noso entorno.

Estas melloras non solo son esenciais para a boa conservación do noso medio ambiente natural, se non que contribúen á dinamización económica do concello como o atestiguan os milleiros de persoas que, mes tras mes, recorren o noso litoral para facer exercicio e, ao mesmo tempo, empaparse dunha paisaxe practicamente virxe das que xa quedan en poucos lugares de Europa.

Sirva de exemplo a carta que o noso querido, e añorado, Javier Sesma remitiu ao concello de Camariñas en nome dun grupo de amigos vascos que cada ano se desplazan a Camariñas solo para percorrer, andando, os nosos coídos e as nosas sendas naturais

Carta dun sendeirista ao Concello de Camariñas


En septiembre hemos realizado el Camiño dos Faros un grupo de caminantes de la Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Bizkaia. Es agradable encontrar cuando haces un recorrido señales y signos de atención y cuidado de los senderos….este es el presente del “Camiño dos Faros “ a su paso por el Concello de Camariñas. La belleza y singularidad de su costa , S.Mariña, Monte blanco,Trece, Reira, contrasta con la quietud y tranquilidad de la ribera de Camariñas y Ponte do Porto. La ruta que recorre Camariñas combina senderos costeros rocosos con caminos amplios y limpios de maleza que evidencia el empeño del concello por mantener a punto su riqueza paisajística y contribuir al desarrollo turístico local.
Un saludo.

Se sempre é agradable escoitar loas a Camariñas, moito mais é recibilas de alguén que nos coñece ben e que durante moitos anos foi mestre de xeracións enteiras de camariñáns e, moito mais concretamente, de porteños. Dende camariñas.eu creemos que ese é un dos camiños polos que deben transitar as políticas do concello xa que, coma no caso dos amigos do Camiño de Santiago de Bizkaia, cada desplazamento dun deste colectivos significan milleiros de euros na economía local.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.