5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (4 Votes)
Un verdadeiro torpedo nuclear estase preparando lentamente na Area da Vila para celebrar o San Xoán 2017. Toneladas e máis toneladas de material pirotécnico están a punto de descorchar en forma de Castelo do Soberano nunha lumarea que este ano fixo sudar aos responsables da Asociación Lumarea da Vila. Campaña and company superáronse outro ano máis, e están en condicións de deixar para a historia unha Lumarea da Vila máis propia de competir nas fallas valencianas que no San Xoán galego. O caso é que os rapaces da asociación armaron en menos de dúas semanas unha réplica casi exacta do que foi o Castelo do Soberano. Un traballo xenial de todos e cada un dos rapaces e rapazas da asociación dirixida polo concelleiro José Manuel Canosa Campaña que, como un máis dos seus pupilos, traballou a reo para que tal efeméride camariñana fose posible. Despois do explosión prevista para o incendio do Castelo celebrarase a festa e o despiporre típicos desta noite coa actuación estelar da Orquestra Light Show e rematará a festa o camariñán DJ Xiba coa súa exitosa e sorprendente Impacto Disco Móbil. Recoñecer tamén a axuda económica do Concello de Camariñas e das empresas e negocios da vila das palilleiras para que esta festa se convertira xa nun clásico do San Xoán da Costa da Morte. Outro ano máis colaborou tamén fotógrafo de bodas Diego Alonso que maquetou gratuitamente o cartel realizado por tres pequenos artistas camariñáns.E xa non hai volta atrás, porque este venres 23 de xuño, véspera de San Xoán a eso das 12 da noite, nesa noite meiga que dende hai milenios xoga aos dados coa mentalidade humana, prenderase lume a toda esta avalancha incendiaria que todos os veciños podemos contemplar na Area da vila. E alí estará Camarinas.eu, deus mediante, ahora que volve á carga informativa a pasos axigantados, para contárvolo en primeira persoa.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.