- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Febreiro 2008 13 Febreiro 2008
Os rapaces de Don Andrés
A sección comodín de camarinas.eu "Fotos Históricas" trae consigo nesta ocasión unha foto que, como mínimo debe de ter máis de 40 anos e que fai referencia á xeración de xóvenes camariñáns que naceron alá polos anos 50. Anos que se recordan na Vila dos Encaixes como tempos moi duros e difíciles, nos que España salía dunha terrible postguerra e nos que estaba ao mismo nivel que calqueira país subdesarrollado. Tempos onde as nais aforraban ata o último patacón, as roupas pasaban duns irmáns a outros, onde as familias solían ter proles bastante numerosas pero nos que sen embargo a xente tamén era feliz á súa maneira e nos que tan gran labor formativa levou a cabo a Igrexa Católica.
Precisamente esta foto reflexa un deses momentos felices dos que falábamos, no cal a xuventude de Camariñas daquela época rodea o día de San Xurxo nun dos laterais da Igrexa adicada a este santo ao aínda hoxe recordado e querido Don Andrés, entón cura párroco da Vila dos Encaixes e que tan grande labor pastoral e humana levou a cabo contribuíndo entre outras cousas, tal e como reflexa esta foto, á formación dun espíritu deportivo que levase aos seus rapaces a tomar conciencia da importancia do deporte nunha España que naquela época non estaba aínda preparada para ocios e tempos de lecer. Sabemos que é dificil dado a cantidade de anos transcorridos, pero para un usuario de camarinas.eu non hai nada imposible, por eso desafiámosvos ao reto de que recoñezades e nos indiquedes o nome de tódolos protagonistas desta foto histórica do pobo de Camariñas.
O MONAJILLO
por Antonio Puertas
Os que leéchedes aljún dos meus relatos, sabedes que durante unha época da miña infancia, estiven de monajillo sendo cura don Ramón, cando Camariñas pertenesía á Diosisis de Mondoñedo, e lojo, un par de anos máis, con Don José, que era xa un cura máis adelantado pa aquela época e dependía de Santiago.
Os monajíllos, toda a vida, tiveron fama de ser un pouco trasnos e pillabáns, einda que eu, sinceramente, non creo encaixara dentro daquél “sambenito” que levabamos coljado. Máis ben, penso, era un rapás “bueniño”, ou polo menos así me tiñan en consideración as xentes. Había muitas cousas que contar daquéla época vivida o pé da nosa iglesia y muitas anécdotas que recordar sempre con nostalxia e cariño, outras en cambio, duras e impropias de ser vividas que é preferible olvidar. A falta de hixiene, a alimentación inadecuada e a carensia de medicamentos, eran o caldo apropiado para que tivera lujar unha jrán mortandá infantil.
Alí chejában correndo os aflijidos pais co neno moribundo, pidíndolle ó cura que fixera aljo pola criatura, e o pobre Don Ramón, tomándome como padriño e único testijo do acto, derramaba aquela auja bendesida na testa daquél anxeliño, que os presentes víamos como voaba directo pó Paraíso acompañado de coros selestiais que entonaban cánticos de alabanza a Noso Señor. Foron tantos, os que pasaron por aquéla pila bautismal, que nin eu mismo, sabería decir o número nin de quén eran fillos (Ahora comprendo o por qué non afojéi aquél día no Curbeiro…).
A pesares de tanta mortandá, as familias amoreaban nenos e máis nenos, e os que menos, contaban con unha dusia de fillos por “banda” …(a falta de televisón e as palilladas noturnas, fasían majas…e non só puntillas…).
A rapasería abarrotaba as nosas calles e a súa alejría bullisiosa semellaba a manadas de birrotes comendo no trijo. Todos éles acababan sempre xojando á pelota no Adro da nosa Iglesia e alí, precisamente, estaba o único e irrepetible Señor Mariano, o Sacristán por excelensia, impoñendo orden e respeto dentro do que él buenamente podía.
O home andaba tan ajotado, non só polo traballo de escorrentar aquéles diablillos do interior do Templo, sinon tamén polo esforso que requería o estar sempre coljado dos badaxos anunsiando misas, enterros, funerais, prosesións, festas e desjrasias habídas e por haber… , pero sobre todo e a diario, anunciando mortes e enterros de neniños e sin apenas tempo de baixar, xa o estaban chamando da sua casa pa que fora ó monte a por un carro de toxo. O meu jefe fui un santo mártir sin jloria nin beneficios, do que hoxe quero deixar constansia debida e reconosimento público neste Libro.
Nas escolas de Don Evaristo e de Don Cándido inculcábamos ós rapases o respeto e a boa educasión e a reconoser SEMPRE a autoridá de quén levaba os pantalóns postos (abotonados ou non - impensable nas mulleres que sempre iban con sallas-). O home era o patriarca indiscutible a quén todos obedesían sin rechistar, einda que de portas pa dentro, a realidá era mui distinta… chovían sapatasos e os rabos das escoban voaban por riba das portas, sorteando os inmutables jatos pousados nélas, que xa estaban acostumbrados a aquéles litigios matrimoniales.
Eu, como axudante do Sr Mariano, fasía de comodín e tamén a min me desbordaba a labor. O que máis me justaba, non era axudar a misa, nin levar a crus nos enterros, nin empinar da botella do cura ás ajachadas, non, o que me amolaba de verdá, era escalar o campanario e repenicar as campanas.
Asquirín tal destresa que nadie me amolaba interpretando a “Raspita” movendo sincronizadamente as mans e acompasando o martilleo armonioso dos badaxos, fasía bailar as xentes que se paraban a escuitar tan pejadisa sintonía. Aquélo casi me costa o puesto polas queixas das beatas ante o cura que para reparar tamaña ofensa, fasian a sinal da crús mentras comentaban entre elas: ”o que ai que ver e oir néstes tempos modernos... Estes rapases son o demo…”
Os nenos foron sempre máis medosos que as rapasas a hora de ajabear por aquélas acaracoladas escaleiras e para venser o “pavor”a oscuridá daljún tramo buscabamos a compañía daljunha rapasa amija que sempre a mandabamos por diante cando subiamos e lojo, pa baixar, ibamos nos primeiro, pois así axudabamos a votar unha mán mui “amablemente”…cando fasía falta, sin embarjo, a pesares de toda a nosa “ boa voluntá” aljún que outro rolo costa abaixo tivo lujar naquél campanario.
Antonio Puertas
Comentarios
E tí Machote ¿conoces a algún?
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.