1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comezamos semana aquí en Camarinas.eu publicando a recente posta no mercado inmobiliario de alquiler dunha coqueta vivenda situada en pleno paseo marítimo de Camariñas. Un piso que conta con dúas confortables habitacións totalmente amuebladas e con calefacción, un amplo salón-cociña e un completo cuarto de baño con todos os servizos. Este piso que se pon en alquiler dende este luns conta tamén con ascensor así como tamén resulta oportuno comentar que a cociña dispón de todos os electrodomésticos típicos. Para todos aqueles interesados en coñecer as condicións do alquiler deste bonito piso poden poñerse en contacto co seu propietario no 629 945 048. En definitiva unha vivenda moi confortable en pleno centro neurálxico da Vila de Camariñas que publica este luns 16 de febreiro a web de todos os camariñáns, Camarinas.eu

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.