1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Interesente iniciativa a que se ven de poñer en marcha no noso concello por tres xóvenes apaixoados polos coches e o seu tuneado. Trátase dunha quedada de tunning que terá lugar na lonxa vella de Camariñas o sábado 5 de xullo de 2014 e que organizan David Gómez, propietario da empresa adicada á cosmética do automóvil e á instalación de equipos de sonido e multimedia amateur e de competición DG DETAIL, ubicada dende febreiro de 2012 na zona da Grixa xunto ao Campo de Fútbol da Ponte do Porto, tamén instala todo tipo de accesorios como sensores de parking, cámaras, alarmas, etc...; Ernesto Sánchez, DJ camariñán, coñecido profesionalmente polo seu nome de guerra DJ Xiba e o tamén camariñán Pablo, asemesmo coñecido como DJ Portu. O programa de actividades que idearon estos tres pioneiros do Tunning nas nosas terras arrancará ás 10 da mañá do citado sábado ca apertura do recinto e unha serie de actuacións que se alongarán ata ás 5:00 da madrugada cando a Disco Móvil "Ráfaga Audio" interprete a derradeira das súas notas musicais. Estamos polo tanto ante un evento novedoso que pode atraer a Camariñas a moitos visitantes fanáticos do tunning e que convertirá a nosa vila por un día na Las Vegas dos programas de televisión.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.