- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Marzo 2014 09 Marzo 2014
Para defender os intereses da Ponte do Porto, de Camariñas, do seu concello en definitiva, este pasado venres 7 de marzo de 2014 tres camariñáns entraban en xogo no programa da Cadena Ser "A Cancela". In situ, o Director de Camarinas.eu, Diego Alonso, e unha das firmas habituais da web, o afiliado e fundador do PP no noso concello Moncho de Dios, estrelas invitadas do programa do pasado venres. O motivo de fondo que orixinaba tal invitación era a iniciativa posta en marcha por Camarinas.eu en change.org para reiniciar as obras da autovía da Costa da Morte que a día de hoxe conta xa con 500 firmas e que necesita 500 máis para que lle chegue a Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Como infraestrucura vital de necesidade para o desenrolo da Costa da Morte, do seu futuro, do dos nosos fillos ahí se foron estes dous camariñáns a defender o noso.
Das firmas existentes Dyego destacou sobor de todo o apoio dun gran número de camariñáns da diáspora e de persoeiros relevantes como a Deputada Autonómica Marisol Soneira que o mesmo día en que se poñía en marcha a iniciativa chamaba ao Director de Camarinas.eu e asinaba na mesma. Logo de que Moncho de Dios comentara a complexa actualidade do PP provincial entraba en antena vía telefónica Manuel de Lin dende A Coruña onde tiña a lugar a concurrida manifestación en defensa do cerco galego iniciándose un preocupado debate por este dislate do reparto das cuotas que poñe en perigo de morte a supervivenca económica futura do noso Concello. Neste punto Moncho comentou que non entendía como a Consellería de Rosa Quintana actuaba da maneira suicida en que o facía.
E tal como explicaría dun xeito dunha claridade demoledora en TVE Manuel de Lin pouco despois, Diego certificaba como en Camariñas hai case media ducia de rapaces que hipotecaron ás súas vidas e o patrimonio de toda a súa familia para comprar un barco e crear traballo e que agora verán o seu medio de vida e o seu futuro amenazado por decisións políticas inexplicables. Tócanos vivir tempos duros, cruciais, nos que os camariñáns teremos que defender os nosos intereses por terra, mar e aire e no que calquer medio de loita será bo. Como o de irse a unha radio e dar a coñecer unha anguriante realidade.
Comentarios
Non hai mais votos, porque non hai poboación suficiente, e non hai poboación, porque non hai futuro.
A xuventude ten que emigrar na procura dun desenrolo que non hai aquí. As empresas, non arrancan porque non temos infraestruturas adecuadas...
O de sempre: a “ pescadilla “ que morde o rabo, porque non ten mellor chicha que levar a boca.
Mágoa de que todo isto aconteza, e que ten que cambiar. E , se non, que non veñan mais polo pobo a pedirnos o voto e con falsas promesas, que tan só son auténticas tomaduras de pelo.
Antonio Puertas
De una forma más amplia se denomina aliados a todos los firmantes de la Declaración de las Naciones Unidas el 1 de enero de 1942. En conjunto fueron 26 países entre los que se hallaban, además de las grandes potencias ya comentadas, países europeos ocupados por el Eje (Bélgica, Holanda, Luxemburgo, Noruega, Checoslovaquia, Yugoslavia, Polonia, Grecia), dominios y colonias del Imperio Británico (Canadá, Australia, Nueva Zelanda, Sudáfrica, India) y países latinoamericano s tradicionalment e bajo la influencia norteamericana (Costa Rica, Cuba, Republicana Dominicana, Guatemala, Haití, Honduras, Nicaragua y Panamá).
estaremos todos unidos ,la unión de la fuerza nos hace mas grandes ,nos atenderán mejor y con mas eficacia,nosotr os somos el pueblo a los que ellos dicen representar ,solo recordarlo,que no nos tomen el pelo en las cuotas de la pesca y que nos hagan la tan cacareada autovía ,promesa ELECTORAL
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.