- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Marzo 2014 08 Marzo 2014
Sobre todo, vivimos días ridículos. Pense vostede a cousa máis descabellada, a máis inexplicable, máis sin xeito vamos, e ahí a verá feita realidade a non moito tardar e protagonizada sempre por un político. Cousas que, nunha época de raciocinio elemental, tristemente xa desaparecidas, creímos que nunca veríamos: as dun Presidente da Xunta de Galicia e de todo o seu Goberno aos que se lles da por convertirse en fervientes abanderados do Cerco Vasco, condenando á quiebra, á ruina e á desaparición aos seus propios representados; as dun Secretario de Estado para o Deporte, que sin que viñera moito ao caso, a conta do escandaloso Neymargate acusou veladamente de prevaricar a un Xuiz da Audiencia Nacional, de facer mal o seu traballo aos técnicos da Axencia Tributaria, insinuou como-si-aquí-no-pasara-nada prácticas fraudulentas masivas entre os clubs de fútbol (¡sobre os que el manda!) e abonouse á teoría da conspiración deixando caer que detrás de todo estaba, como no, o Real Madrid, facendo bos as teorías da prensa independentista deportiva catalana (Florentino que chamou a Aznar que chamou a Gallardón que chamou ao Fiscal Xeral do Estado que chamou ao Xuiz que chamou a Messi que vomitou por el que...). E todos a semellanza do replicante de Blade Runner poderemos contarlle aos nosos fillos aquela frase famosa de "He visto cosas que vosotros no creeríais", cachalotadas á marxe. Tal vez todo se deba a unha conxunción de vergonza e respeto, de falta delas queremos decir: os políticos perdéronnos definitivamente o pouco respeto que nos gardaban e como vergonza xa nunca tiveron ahí temos este letal resultado.
E entón ás xentes correntes, só lles queda saír e defender a súa dignididade que eso, polo menos, aínda non nolo quitaron. Como os mariñeiros camariñáns do cerco, que xunto a colegas de toda a Comunidade Autónoma deron este venres 7 de marzo de 2014 en botarse ás rúas das principais cidades galegas e esixir algo tan elemental como que aqueles que os representan e aos que lles pagan os seus suculentos honorarios e as súas vidas a todo tren de coche oficial, viaxes clases bussiness, exclusivos ristorantes, elitistas saraos oficiais, sustanciosas dietas e apetitosos salarios que defendan os seus intereses e non, por algunha estrana razón que nós non chegamos a entender pero eles seguro que sí, os dos mariñeiros vascos, que xa terán, decimos nos, quen mire por eles. Ahí andivo media Vila das Palilleiras esta semana tratando de evitar a segura desaparición a medio plazo de Camariñas como concello de certa relevancia no conxunto galego. E Camarinas.eu con eles, para o que faga falta e para, sobre todo, tratar de remediar esta época ridícula que tristemente nos tocou vivir.
Comentarios
A gran maioría, non ten puñetera idea do que é a pesca nin do que é o mar.
Isa e a cuestión. E nesta loita, gaña sempre aqueles a quen eles lles teñen mais medo...( que todos xa sabemos quen son )
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.