Un local que nos seus tempos prestou un excelente servicio de perruquería (que se di agora) volve polos seus vellos fueros. Alí xusto no local onde estivera a Peluquería (que se decía antes) Morgan agora, tras ser adquirido uns meses atrás polo noso querido amigo Luis de León, abrirá a Peluquería/Perruquería (digan como queiran) Belmar. Arrancará o acto ás 17:00 horas deste venres 28 de febreiro de 2014, derradeiro do mes máis corto do ano, cuns pinchos por todo o alto e cun pequeno agasallo para aqueles visitantes que teñan a ben visitar este novo negocio camariñán que nace á complicada vida dos negocios. Rexentado polas xoves e ilusionadas, tamén competentes en todo o que atañe ao rapado, cortado e acicalado do cuero cabelludo, Jessica López e Mary Canosa asemesmo prestará servicios de estética e ofrecerá un 50% de desconto nos seus servicios aos xubilados, cas miras postas en facer máis levadeiro aos nosos maiores o duro trago da crise que nos devora. Nova mostra da pequena e formigueante corriente eléctrica que percorre o Concello de Camariñas e que trae consigo un continuo e recurrente gotear de novos negocios abertos por valentes e arriscados emprendedores que deciden dar o salto e apostar forte. Todos eles terán cobixo nas páxinas de Camarinas.eu, a web adicada en corpo e alma á defensa e fortalecemento do tecido empresarial camariñán. Basta con remitir un mail á dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e, zas, ahí estás na portada máis vista da Costa da Morte. Tal que Jessy e Mary, ás cais dende aquí desexámoslle a maior das sortes. Seguro que non lles vai facer falta, porque o van a facer sobradamente ben.
Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.