- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 23 Febreiro 2014 23 Febreiro 2014
Os elementos son así: desencadeados, arramblan con todo. Unha vez incluso, acabaron ca máis grande armada nunca antes vista. Era esta a Invencible, posta en marcha por Felipe II con vistas a unha posible invasión de Inglaterra e que, como ben é sabido, acabou malbaratada polas costas británicas despois dunha sucesión de temporais recurrentes. Entón foi cando o posiblemente mellor expoñente en toda a súa historia da Monarquía Española (quien te ha visto y quien te ve) soltou aquelo de "Yo no mandé mis naves a luchar contra los elementos". O que non é tan sabido e que tan só un ano despois creouse unha armada aínda maior, a Invencible Inglesa ou "Contraarmada", co obxectivo declarado de vengar a intentona anterior, independizar Portugal do dominio español e asestar un golpe definitivo a situación de supremacía absoluta no plano político e militar de que gozaba o Imperio Español naquel entón. Os seus resultados foron un conxunto de hecatombes militares (Lisboa, A Coruña) que remataron co afundimento ou captura de 30 buques, 13.000 mortos e 6.000 desertores e a revelación da incompetencia inaudita dun tal Francis Drake. Un dos maiores desastres militares da historia, moi superior ao intento que o antecedera. Pero ahí, precisamente, é onde entra en xogo a propaganda e a desinformación, que fai que hoxe pasados 425 anos se fale da primeira armada e non da segunda e se teña a un vulgar sacamantecas náutico polo máis grande corsario de tódolos tempos.
Do mesmo xeito, que si se considerara que nunha situación de dous ou tres baixos anegados por un diluvio universal tan descomunal como o que levara en tempos bíblicos a Noé a embarrancar en terras armenias hai culpa directa do concello, tamén debería concluirse que os desperfectos provocados no Porto de Santa Mariña por un azote despiadado de tifóns asiáticos de mar, vento e chuvia serían responsabilidade única de Portos de Galicia, e por ende, da Xunta de Galicia. E ahí veríamos ao pobre JJ Durán e a súa escuálida e sufrida familia acarraeando pandullos e cebando formigoneiras para tratar de revertir a sorte do maltratado porto santamariñán, suxeito a reparación esta mesma semana. Esta conclusión, ridícula de tan demagóxica, perigosa de tan irresponsable, preferimos deixala para cachalotes ultradereitistas, fanatizados aprendices de bruxo da peor propaganda, que chegarían a ser mínimamente perigosos si foran quen de agrupar polo menos unha ducia de cretinos que lle fixeran caso. Nin a eso chegou este pobre memo, experto dende sempre, eso sí, en sumidoiros, alcantarillados e evacuacións de augas negras.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.