1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Non lembramos agora quen dixo que os españoles só cren en dous tipos de Providencia: os católicos, na Divina, os demáis, na da Lotería Nacional. Por elo a este paso algúns acabarán poñéndolle un altar en Camariñas a Jesús Pena, pois non leva xa repartidos millóns (de pesetas) en premios no noso concello este afable e simpático vendedor da ONCE. A última volta acontecía o pasado 28 de xaneiro de 2014 cando un dos seus cupóns deixaba nestas illadas e deprimidas terras 35.000 eurazos que pasaron a formar parte dalgún agraciado bolsillo camariñán. Mantén Jesús, profesional onde os haxa, o anonimato do afortunado, igual que fixo en ocasións anteriores, naqueles golpes da sorte en que unha pequena chuvia de millóns (de pesetas) regou estas terras. Seguramente ésta que contamos non será a última das ocasións en que o cupón daquela organización nacional de cegos españoles, creada en 1938 por un decreto do Goberno, o de Franco se entende (polo que se ve, aínda que nestes tempos quede mal decilo,  este homiño algunha cousa boa sí que debío de facer), alede a vida dalgunha familia camariñana. Xa Jesús, tocado polos Hados da Fortuna, se encargará de repartir os millóns correspondentes.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.