- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 23 Xaneiro 2008 23 Xaneiro 2008
Ulises retorna a Ítaca
Ulises retorna a Ítaca. Mikel volve ao mar. Hai que olvidarse do romanceiro español (Rafael Alberti - Marinero en Tierra) e voltar ás odiseas homéricas. Despois de máis dun mes varado en terra dende que o 18 de decembro Mikel, quedara á deriva nunha noite de temporal dentro da ría, este martes 22 de xaneiro Jema o barco do Guerreiro Poeta de camarinas.eu volveu surcar os mares da Costa da Morte cargando de peixe na súa primeira singladura. Para ler a noticia completa e ver o video especial dun mariñeiro feliz pulsa na foto.
Máis de 500 kilos de congrio na primeira noite de mar
A unidade móbil de camarinas.eu acercouse á rampla do muelle novo de Camariñas para poder dar en primicia aos seus lectores unha gran noticia, unha noticia longamente esperada por todos nos que non é unha noticia sobre política, non é unha noticia para crispar, é unha noticia das que tanto lle gusta dar a camarinas.eu, a noticia dun home que volta ao seu traballo. Así unha vez en porto, o redactor pudo comprobar in-situ como Mikel e o seu mariñeiro Luis Canosa (Pifo) descargaban as caixas repletas de peixe ledos, exultantes, alegres, coa conciencia do deber cumprido e un pouco nerviosos debido ao primeiro día de mar tan longamente anhelado. E é que Mikel, como bo camariñán (ao igual cos membros da familia Lin) non concibe a vida sen o mar. Este clase de xente alí, no mar, séntense libres, como di Mikel, coma un delfín.
A primeira marea do Jema foi un completo éxito enchendo o barco ata os topes de congrio capturado nos perigosos baixos coñecidos como "As Quebrantas" situados na boca da ría de Camariñas, en pleno corazón da Costa da Morte (non en Santa Comba, como algún di por ahí) Así, Mikel e Luis capturaron máis de 500 kilos de congrio, ou como dirían os vellos lobos de mar "máis de 9 quintales de peixe" (cada quintal equivale a sesenta kilos) Según as propias palabras de Mikel "A lúa testemuña privilexiada e luminosa na nosa volta ao mar axudounos na nosa pesca..." Desta forma Mikel poderá reparar unha economía familiar que quedara maltreita despois de máis dun mes de parón. Finalmente esta redacción alédase de que o noso Guerreiro Poeta volva a dar a batalla no seu medio natural: O mar.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.