1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os principais indicadores económicos parecen apuntar dende a un tempo a esta parte a unha certa recuperación económica desta España dos nosos pecados. Índices macroeconómicos variados, dende a Bolsa ata o volume das inversións internacionais, certifican unha reanimación certa da moribunda economía hispana. Pero de todos os indicadores ningún como o da rúa, o d consumo das xentes, o dos pequenos negocios, esos autonomos deixados da man de Deus, que constitúen o nervio económico que mantivo con respiración asistida a este país cunha certa certa nos peores momentos da súa recente (e case finalmente mortal) agonía. Dentro desta máis que probable recuperación dunha nación que estivo ao borde mesmo do colapso, cabe enmarcar a reaparición dun dos locais máis emblemáticos, antigos e históricos de Camariñas. Será este venres 13 de decembro de 2013,  cando abra novamente as súas portas un clásico da movida das noites camariñanas. O mítico Pub Atlántico, no que tantas xeracións de todo o noso concello pasaron as súas primeiras noites de marcha reabra e probesorte aproveitando o tirón navideño destas datas. Así cando a partires das 19:00 horas e baixo o maxisterio superior dun home que adicou media vida a un negocio constituido por dereito propio en historia viva da Vila das Palilleiras, Tono Senior, todo aquel que o desexe poderá acercarse por este renovado local do distrito de Buría onde será agasallado coa segunda consumición gratuitamente e o sábado, a partires das 11 da noite con cada copa que tome o cliente, este recibirá un agasallo sorpresa. Non hai que perderese esta nova reinauguración dun dos locales con máis soleira da movida na Vila das Palilleiras, o Atlántico 75. Aquela reinauguración que quedará enmarcada para os anales como a que tivo lugar dentro do contexto dunha nación que se volvía a poñer en marcha.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.