1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O que constituía o novo ridículo, a enésima batalla perdida, da dereita/ultradereita de Camariñas coñecíase na tarde deste xa histórico luns 2 de decembro de 2013: o Tanatorio Municipal non só non será derrubado senón que o Concello únicamente verase obrigado a abonar á parte denunciante uns patéticos e ridículos 1.633,36 euros. Todo o esperpento que levou a verter ríos, océanos, de tinta a un coñecido e público hipopótamo finalmente sustanciase por unha cantidade que non chega nin ás 300.000 antigas pesetas. Por este ínfimo importe, retrasouse durante meses a entrada en funcionamento dun servizo vital de necesidade para as xentes do concello, obrigouse a uns cantos veciños a ter que levar aos seus difuntos lonxe da súa terra por mor dun interese egoísta e infundado e causouse un serio quebranto económico aos intereses públicos representados neste caso pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas. A nova polémica política artificial promovida e apoiada polos sectores máis fanáticos e extremistas do PP camariñán, aquela que dou para seguir tirando a uns cantos supervivientes durante uns escasos pero vociferantes seis meses, remataba do xeito máis patético e lamentable e os deixaba sen o seu único discurso cara as Municipais de 2015. Este luns remataba unha viaxe para a que, certamente, non facían falta tantas alforxas.

O fallo xudicial, apoiado en abundante xurisprudencia e lexislación procesal, sumamente respetuoso cos principios xerais do Dereito, e impecable, segundo as fontes xurídicas consultadas por esta redacción, dende un punto de vista técnico, era emitido o pasado venres 29 de novembro de 2013 polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº3 da Coruña. O mesmo acaba concluindo "acoger la pretensión que formula el letrado provincial que defiende los intereses del Ayuntamiento de Camariñas de DECLARAR LA INEJECUTABILIDAD DE LA SENTENCIA FIRME DE 21.03.2013 POR IMPOSIBILIDAD MATERIAL DE LLEVARLA A PURO Y DEBIDO EFECTO, CONDICIONADA AL ABONO ... DE 1.633,36 €". A esta devastadora conclusión chegaba o Xuiz despois de expoñer previamente nunhas sinxelas catro páxinas (non lle fixo falta máis para desarbolar as pretensións do sindicato da piqueta) os fundamentos dun auto demoledor que deixa a algúns en serios problemas para explicar e xustificar todas as mentiras, enganos, manipulacións e torrentes de odio verquidos durante os derradeiros seis meses. De todo os kilómetros de tinta, os centos de noticias, día sí día tamén, de todas as prediccións apocalípticas, da esixencia de demolición ipso-facto do Tanatorio Municipal, de todo aquelo, finalmente resultou non quedar nada. Xornalismo de ocasión, cun marxe de superviviencia do día a día, que pasado un tempo acaba enterrado polo peso da realidade e da xusticia.

A elo chegaba ao Xuiz tras constatar que uns míseros terreos valorados en 1600 euros conlevarían un quebranto ás arcas públicas de preto de 100.000 euros se se derribaba o construido sobre eles, podendo chegar incluso ata o valor total da obra (401.000 €) xa que nese caso non se garantía a adecuada estabilización da obra construida restante e posiblemente houbera que demoler todo. Por elo entende que procede inexecutar a sentencia existente e substituila polo valor pecuniario dos terreos tasados pola parte actora nos citados 1.633,36 €. Na penitencia levouse o castigo, porque precisamente foi o tasar o valor do xuizo na escasa cantidade citada o que fixo inapelable o fallo orixinal en virtude da nova lexislación procesal aprobada polo inefable Ruiz Gallardón. Pero con todo, o fallo contén outras interesantes apreciacións que dende os servicios xurídicos de Camarinas.eu non podemos deixar pasar por alto. Neste sentido é especialmente indicativo que neste xuizo non se aportou nin un só documento, nin un triste papel, que acredite a titularidade dos citados terreos pola aparte actora, cuestión ésta que "no aparece grafiada en ninguna cartografía o planimetría". Este asunto podería ter importantes consecuencias de índole civil/penal para a actora xa que o Concello promoveu demanda civil declarativa de dominio, na que previo acto de conciliación no que aportar os respectivos títulos de propiedade, no caso de ser éstes inexistentes segundo fontes xurídicas consultadas elo podería facultar ao Concello para presentar unha posible demanda por estafa procesal. Polo tanto as consecuencias nefastas para a parte que promovío un disparate que se agotou por si mesmo en seis meses poderían non rematar co auto que descalabraba a tantos en Camariñas no día de hoxe.

Tamén pon de manifesto este impecable e didáctico pronunciamento xudicial que non se debío chegar a esta situación extrema: que vistos os precedentes, susceptibles de producir unha victoria por goleada para o Concello xa na primeira instancia, tal vez se adolecío dun certo exceso de confianza ou de non toda a dilixencia debida na defensa dos intereses públicos neste primeiro momento procesal. Así, non se debío transixir co tasamento do xuicio nuns misérrimos 1.633,36 euros, o que facía inapelable a sentencia que puidera caer, sobre todo cando o valor do que estaba en xogo excedía con creces da citada cantidade, ata o medio millón de euros, costes de demolición a cargo do concello incluidos. Tamén debío presentarse na citada instancia os documentos que evidentemente formaban parte do expediente da obra tais que a acta de replantexemento do proxecto previo e a posterior de comprobación do replantexemento do terreo (aínda que certamente, non vemos por ningún lado o valor probatorio destes dous sinxelos trámites administrativos), pero sobre todo o que non se entende é que  no xuicio non se obrigase a parte actora a aportar uns títulos de propiedade que polo de agora non apareceron por ningún lado. Deste xeito, vostede mesmo ou un finlandés que pasase por alí poderían reclamar co mesmo dereito a propiedade da franxa en cuestión. Agora, unha vez restituida a máis pura xusticia e o máis elemental sentido común, causa vértigo comprobar o que este xuicio xaleado de forma entusiasta e especialmente fanática dende as bancadas da ultradereita de Camariñas puido causar ao Concello: perda directa de 300.000 euros de subvencion da Deputación, perda de 100.000 euros de fondos propios municipais, como mínimo uns 80.000 euros de costes de demolición a cargo do concello... e os veciños de Camariñas que voltaban ficar sen Tanatorio Municipal. Derradeiro exemplo éste das forzas destructivas que vagan polo noso Concello e ás que unha vez máis as boas xentes fomos quen de derrotar.

Tal que aconteceu ca okupación ilegal do Club Náutico de Camariñas, este fallo ven a ratificar ademáis a posición asumida dende o primeiro día por Camarinas.eu, no lado da legalidade e do Dereito, e no do respeto escrupuloso aos fallos xudiciais: nin unha soa coma se redactou nesta web contra os fallos precedentes, no convencemento cego como corresponde a un Estado de Dereito e unha sociedade democrática de que as sentencias xudiciais están para acatalas e cumprilas. Esta última ven a ratificar punto por punto a posición asumida por Camarinas.eu, aquela que se correspondía ca legalidade e co mero sentido común, pero aínda no caso de que fora contraria aos intereses dos veciños, aquí ninguén vería unha soa exclamación que puxese en dúbida o impecable dictaminar do Poder Xudicial, único poder nun Estado de Dereito ao que corresponde xuzgar e facer executar o xuzgado. O desacato contra sentencias de tribunais, as chamadas abertas e públicas á rebelión e ao incumprimento das mesmas, as que tratan de deslexitimar e atacar ao Poder Xudicial cando os fallos non son do seu agrado, constitúe unha conducta que ademáis de perigosa e antidemocrática, retrata a quen a enarbola: os ultradereitistas de toda a vida que tanto chaman dictador a quen lles gañou limpamente dous procesos electorais como atacan a unha sentencia e a un xulgado e sembran dúbidas sobre a honorabilidade do mesmo. Tal vez a Fiscalía debería adoptar as medidas pertinentes contra estas conductas extremistas, inaceptables nunha democracia, dunha vocación claramente golpista.

Este luns 2 de decembro de 2013 as boas xentes de Camariñas outra vez debemos estar satisfeitos e aliviados, La Liga de Las Sombras voltou ser derrotada. Os hooligans mediáticos da destrucción perpetraron o seu enésimo rídiculo. Por desgracia non será o último.

Comentarios   

Querido maleducado
+14 # aprender e importanteQuerido maleducado 02/12/2013 22:14
Ojala hoxe aprendeses algo, pero fixáchesche que andas por aí escribindo, insultando, con malos aires e desplantes? Non só iso, cada vez que algo che pon dos nervios xa queres faltar aos demas. Parece que sempre estás á defensiva, coma se todo o mundo atacáseche. Penso que non é unha cuestión da xente, máis ben creo que é unha cuestión dos teus nervios, algo lles debe pasar que están todo o día a flor de pel.Ti sempre tes xustificación para todo o que fas ou para todo o que che pasa. Sempre che pos en situación de vítima. Ti de cando en cando falas para comunicar, ti adoitas escribir para agredir. Es unha persoa que non trata ben ás persoas. Crees que nesa situación podes esixir algo?Querido maleducado, espero que esa situación de tensión constante non che guste e tamén espero que en lugar de resignarche a que o mundo cambie, ti tomes parte do teu ben estar. Pero si non es capaz de facer para ti o que máis che convén, será que non desexas o teu ben, e así como vas querer o ben para os demais? como vas poder tratarlles ben? Si aplicases a frase "ama ao prójimo como a ti mesmo", sería un verdadeiro perigo.O proceso da educación, , é unha transmisión dos modos de pensar, de xulgar a realidade, de concibir o mundo, de amar, de odiar, de traballar. .Está ben que saibas que o máis importante é dotar aos teus lectores de modos de pensar e abordar a realidade. Por iso, para que sexan bos cidadáns e boas persoas terían que recibir boas doses de amor.Pensa que para unha boa educación, a maioría das veces non fan falta grandes proxectos nin grandes investimentos económicos. O que fai falta son grandes cantidades de amor, paciencia, comprensión e dedicación. Un saúdo
Denunciar ante o administrador
uncalquera
+9 # non vale todouncalquera 02/12/2013 23:13
fai un tempo fixen un comentario sobre este tema. os alvites denuncian unha vez mais e un maxistrado do opus, mais datos de cereixo, fixo o resto. Pero neste pais inda queda algun xuiz con sentido e impide que que unha obra do pobo se tire, e non pase como o da fundacion blas espin que os de sempre impidiron que se fixera unha obra para o pobo diante do bar de jose manuel e no seu sitio hay unhas ruinas.... a vida segue....
Denunciar ante o administrador
UNA ESPERANZA
+20 # RE: Fallo do contencioso sobre o Tanatorio Municipal de CamariñasUNA ESPERANZA 03/12/2013 11:38
Le pido a este diario algo sencillo,me parece bien el dar la noticia en estos momentos y comentarla cada uno según su criterio y su punto de vista pero luego pasar pagina ,pues yo como camariñan ya estoy cansado del tema del tanatorio,eso dejalo para el ilustre catedratico de todas las carreras universitarias periodista donde los haya y otra cosa yo cuando voy al peluquero le digo como quiero que me corte el pelo y despues los dos hablamos segun nos venga podiendo responder al instante no como hace alguno al escribir tonterias todos los dias sin saber nada y mintiendo descaradamente al no tener nunca ninguna razon,precisame nte por querer tenerla toda y la verdad total no existe siempre habra puntos de vista
Denunciar ante o administrador
Javier Taboada
+9 # RE: Fallo do contencioso sobre o Tanatorio MunicipalJavier Taboada 03/12/2013 15:03
Si digo algo distinto estoy mintiendo,no entiendo nada de leyes,para mi ni se si esta bien o mal lo hecho por el juez,me alegro al pensar que salimos de un tema lleno de polemicas,y malestar para todo el pueblo,ojala este tema se nos quede ahi ,nunca todos iban a estar contentos ,si es de una forma otros se enfadarian y la otra manera ,serian otros ,enfin nunca seria a placer de la totalidad,para mi se queda en punto final ,
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+19 # A RecismindoMoncho de Dios 03/12/2013 19:06
Amigo Recismindo,uste d hace una pregunta llena de vacios y se lo voy a narrar,mire ,el que yo sea del PP no significa que todos los del PP seamos del R.Madrid,hay preguntas donde la respuesta nunca puede ser de partido ,la respuesta es mia y nada mas que mia,mire ,el dinero si todo va bien es el 80% de la diputacion,si alli en vez de tener un guaperas ,tuvieramos un hombre en sus cabales ,miraria donde es mas eficiente el tanatorio,donde se le puede sacar mas lucro,yo no le voy a contestar donde ,lo va hacer usted si no se ofende conmigo y entra en google y luego en maps,ahi vera donde se tendria que poner ,no se olvide de que el dinero es de todos,usted vera igual que yo ,donde esta Carantoña ,Braño,Cereijo, Tufiones,Vilar, Leis ,Camelle,Arou ,Sante Mariña ,Puente del Puerto,Javiña ,Camariñas,Buri a,haga usted un recuento de habitantes y luego en proporcion le sale el lugar ,olvidemonos de politica ,hablemos de realidades para nuestros habitantes,nues tros ciudadanos ,ahora bien como yo soy del PP y tenemos en la diputacion a un niño de la teta ,que como la gran inmensidad de politicos no saben representar el lugar que ocupan ,pues ya esta,mirelo con cariño y me contesta.Un saludo Recismundo
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+16 # A RecismindoMoncho de Dios 04/12/2013 17:09
Recismindo ,tu comentario merece al menos dos respuestas ,a mis 63 años me veo cada dia con mas cambios y movilidad, eso es fruto de mis hijos ,de los cuales cada día aprendo mas, al tener muchos mas conocimientos que yo,eso no significa que yo no tenga mis propias ideas, son esas mis ideas las que tengo que comentar para que los demás las conozcan, si me callo ,nadie sabe de mí, tampoco soy una maquina con palabras repetitivas,a veces dices un comentario y si nadie te contesta ,pues te la quedas como respuesta,no cabe ninguna duda que cada uno trae consigo una herencia en todos los sentidos ,genética , cultural ,política ,religiosa etc ,eso conlleva el pensar de una cierta manera, al llevar tantos años como pequeño empresario ,eso te va marcando la forma de pensar, te hace ver la diferencia que hay entre perdidas y ganancias ,como comprenderás no es lo mismo tener una empresa privada que una publica, pero aun siendo publica uno sin querer piensa en como la gestionaría mejor, esto te acompaña a través de tu vida. En el año 1972 mi padre compro un tercio de una empresa ,donde éramos tres socios ,yo aprendí primero la democracia comercial que la democracia política y si tienes tres socios en una empresa ,cada uno con el 33.33, si te encuentras con los otros dos contra tu opinión ,ya no tienes nada que hacer ,es por ello que ya tengo mis raíces, con todo eso es muy importante que los otros dos socios sepan tus opiniones de la misma forma que tu las de los otros dos, eso es beneficio para la empresa ,a veces en otra empresa que yo era el único socio me encontraba con esa soledad de no tener otras opiniones ,viva la personas que opinan por un mundo mejor ,
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+14 # A RecismindoMoncho de Dios 04/12/2013 17:24
ueno ahora viene la segunda parte ,desde Camariñas a Puente del Puerto hay 9 kilómetros ,los mismos que desde Puente del Puerto a Camariñas, en esto tendremos que estar de acuerdo, ahora viene la incógnita para usted, que radio de habitantes y pensando en los 9 kilómetros se cogen desde Camariñas ,se lo digo, Camariñas , Buria , Javiña ,Brañas Verdes,Puente del Puerto,si a usted le falta algo pongalo,ahora vamos a mirar en el radio de 9 Km que pueblos se cogen desde Puente del Puerto,Camariña s ,Buria ,Javiña ,Brañas Verdes,Arou ,Camelle ,Pasarela ,Traba ,Braño ,Carantoña ,Carnes ,Tufiones ,Cures ,Vilar ,Cereijo Quintans, Suso ,Leis .Con esto acaba para mi la reflexión, ahora bien ojala desde la frontera francesa del Mediterráneo ,hasta la frontera francesa del Cantábrico tuviésemos en Camariñas uno de los mejores puertos ,ojala tuviésemos las mejores fabricas de conservas,ojala los mejores barcos ,ojala un polígono para todo esto ,ojala no tuviese que ninguna persona del ayuntamiento y alrededores que marchar para el extranjero ,para eso una de las metas mas fundamentales es invertir bien aquí
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+13 # RE: Fallo do contencioso sobre o Tanatorio MunicipalMoncho de Dios 05/12/2013 10:59
El instituto de Vimianzo esta en Vimianzo por,mal comportamiento de las corporaciones anteriores ,ya que en el documento,que se trajo de La Coruña ,el primero ,fue pegado en las cafeterias del pueblo del Puente por mi y por el Hermano de Sebastian Lorenzo ,Jose manuel Lorenzo,entrega do a todos los grupos politicos y dado en amno a el señor Bautista ,anterior alcalde Dal ayuntamiento,de todas formas no quiero entrar en una guerra de pueblos absurda ,digo y comento que hay mucho en lo que invertir ,y la mayor fabrica de camariñas es el mar,un buen puerto,no creo que a nadie le pueda parecer mal una opinion de un ciudadano del ayuntamiento y si todo va a ser para Camariñas por ser la capital del ayuntamiento ,entonces todo tiene que ser para Madrid por ser la capital de España y nada para Barcelona ,Sevilla,A Coruña ,enfin es de tanta ignorancia su respuesta que le contesto para que abra un poco los ojos y digo igual que Recismindo u Alfonso Pouso ,eres un cobarde al refugiarte de tras de un anonimato ,mañana estoy hablando con usted en un bar y sabe quien soy yo y yo no se quien es usted pero yo le pongo nombre OLVEIRADAS
Denunciar ante o administrador
Buscando la noticia
+9 # RE: Fallo do contencioso sobre o Tanatorio MunicipalBuscando la noticia 05/12/2013 16:52
La diferencia entre una sentencia (sentencia definitiva) y un auto judicial (sentencia interlocutoria) es que:
En la sentencia se resuelve el asunto principal objeto del litigio (en este caso quedó demostrado que el terreno es de Dª Guadalupe Alvite, según sentencia definitiva).
Mientras que en el auto se resuelven diversas cuestiones relacionadas con el asunto principal del litigio que surgen a lo largo del proceso judicial. (si procede derribar la parte del edificio construido en el terreno de Dª Guadalupe o no)
Por tanto mientras que los efectos jurídicos de la sentencia son definitivos los efectos jurídicos de un auto son provisionales.
Por lo que al parecer este auto va a ser recurrido.
Denunciar ante o administrador
que pasa
+2 # RE: Fallo do contencioso sobre o Tanatorio Municipalque pasa 09/12/2013 14:52
eu non entiendo nada que e o fallo que fallo equibocose non acerto a min non benir con estas eu quere saber que e fallo cando eu fallo e digo vai fallo tiben eu non entiendo mais cuando dijo a conpañeiro tute fallaste foi un fallo eu non entiendo nada a min ablarme en cristian
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.