- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Xaneiro 2008 22 Xaneiro 2008
O archivo invaluable de fotos históricas de camarinas.eu acaba de recibir un importante suplemento que o fai multiplicarse ata o infinito, trala volta do arquivo fotográfico de Foto Alonso (con centos de miles de fotos en negativo de 40 anos de traballo) ao seu vello fogar da Rúa Tras Praza, é decir, á redacción de camarinas.eu, polo que temos fotos históricas como mínimo ata o ano 3.527 da era cristiana.
Así esta foto pertence aos anos oitenta e nela aparece o equipo xuvenil do Camariñas patroneado por un moi políticamente incorrecto Don Javier, director do Colexio O Areal, cun pitillo na man nunha fotografía (un pecado hoxe en día), e os rapaces aparecen vestidos con camisetas de tela que facían que os buchiños apareceran marcados e con pantalóns de licra axustadiños ao máximo facendo que toda a potencia quedara patente. Axuda a esta redacción a identificar aos once valentes, moitos deles usuarios activos de camarinas.eu, a precisar o ano da foto e se pode ser incluso contra quen se xogaba este partido. Falade agora ou calade para sempre...
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.