- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Novembro 2013 06 Novembro 2013

Case ao mesmo tempo no que un hipopótamo desesperado chantaxeaba polas ondas ao que fora o seu partido, un grupo de operarios municipais afanábase baixo a choiva. Facíano dende as primeiras horas da mañá no Paseo Marítimo de Area da Vila, nun día gris e escuro, repelendo a duras penas ramalazos inclementes de auga feroz e elo evitáballe ter que oír a voceciña aflautada e feminoide dun ilustre cachalote, prestixioso xurista e afamado (de fame, non de fama) arquitecto de Plans Xerais, que como un vulgar matón, o máis patético e rastrero dos mafiosos, tentaba chantaxear polas ondas da cadena amiga de todos pero nunca do Partido Popular á formación política que na derradeira década vendera a través do seu estercoleiro cibernético como a máis grande tódolos tempos, a máis axeitada para a realidade de Camariñas, aquela que invertía a mans cheas e tiña traballo para todos, a única incorrupta e virtuosa do noso universo electoral. Tamén nos dixera reiteradamente que o seu líder na Vila das Palilleiras era o único serio e honrado, un dechado de virtudes e bondades, todo ética e principios morais, honradez e integridade na súa máis excelsa magnitude. Apoiara asemesmo nun mal paso golpes de estado en institucións náuticas: daba igual, na súa estupidez insondable e infinita, a Fosa das Marianas cos seus once inacabables kilómetros cara o fondo, acabará tamén renegando un día non moi lonxano do que agora afirme e lles queira vender e, desesperado e illado como un cachalote perdido nos fondos abisales, emprenderá unha nova fuxida cara adiante.
Despois de acabar co seu traballo na Area da Vila os operarios municipais encararon novas tarefas noutros puntos do término de Camariñas, quen sabe si entre as xestas de Brañas Verdes ou a carón das furiosas ondas de Camelle. Na hora do mediodía en casa esperaríalles un apurado xantar para nas primeiras horas da sobremesa continuar ca súa reiterativa tarefa laboral. Novos veciños, uns con razón, outros sin o máis mínimo asomo dela, irían a queixarse ata o Concello e habería que darlles gusto e así un día, e outro e outro, para que nin nas xornadas dominicais e calendas veraniegas aqueles que un mal día de grado ou por forza ou de xeito voluntario se enrolaron en Protección Civil atopen un segundo de descanso. Mentras o peito palomo do noso cachalote xurídico, despois de ameazar a todo un señor partido político con marchar cos seus impoñentes 25 votos cara unha nova formación de renegados, completada a martillazos cos clásicos ultradereitistas de toda a vida de Camariñas, ufano e contento, orgulloso e realizado despois da gran tarea acometida, esperáballe no seu fogar (en realidade o da súa señora esposa) un suculento manxar co que repoñer forzas o gran hipopótamo político do noso tempo. Dúas mucamas mantíñano como un rei.



















Comentarios
Completamente desnudo y con sus partes íntimas clavadas en los adoquines, Pavlenski se quedó inmóvil durante más de una hora mirando sus testículos en una acción que calificó de "metáfora de la apatía, indiferencia política y fatalismo de la sociedad actual rusa".
Las primeras palabras que oigo con sentido comun a un presidente de gobierno en los ultimos seis años,el simple hecho de que se dieran de cuenta de este detalle ya es muy importante ,la p con la a PA ,la l con la o LO ,ahora todo seguido ,CARABULLO,ahor a estan preparados para salir de parvulos
No puede ser,no me lo creo ,parece que tambien va a salir de parvulos RUBALCABA,se dio de cuenta que no nos fiamos de los politicos ,que angelitos son los dos ,tanto el Rajoy como el Rubalcaba ,pobriños ,miralos ,que buenos que te son
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.