- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Outubro 2013 25 Outubro 2013

A longa época de oscuridade e olvido na que xacía sumido o Castelo do Soberano dende que hai máis de 70 anos fora demolido para cas súas pedras construir o Espigón vello podería haber chegado ao seu término. Esta mesma semana tres exemplares da maqueta e anteproxecto para un uso hosteleiro do mesmo eran presentados polo seu actual propietario, o empresario camariñán Juan González Soto, nos rexistros de entrada da Consellería de Medio Ambiente, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e no Concello de Camariñas. Precedían a estos feitos unhas longas conversas e negociacións de Soto cas diferentes administracións en xogo que determinaron o xeito no que finalmente foron confeccionadas as maquetas e anteproxectos e que máis que previsiblemente obterán un resultado satisfactorio para o gran monumento olvidado de Camariñas en forma dos permisos e licencias necesarios para a execución dun proxecto que situará a Camariñas á vangarda do turismo de calidade na Costa da Morte. Unha nova era parace abrirse, agora sí, para o Castelo do Soberano.
Todo comenzaba hai uns anos cando Soto mercaba o Castelo e seus os terreos colindantes e rapidamente empezaba a maquinar un futuro adecuado para os mesmos. Axiña chegou a unha conclusión que por obvia non deixa de ser especialmente indicativa: a da ausencia sangrante en toda a Costa da Morte de instalacións axeitadas para recibir un turismo de calidade, aptas para viaxeiros de clase media/ media-alta, solventes económicamente, non vinculados a un turismo estacional e que demandan unhas instalacións e uns servizos de calidade. Foi entón cando comenzou a barallar seriamente a construcción dun hotel de tres ou catro estrelas no entorno privilexiado do Castelo do Soberano. Unha vez posta en marcha a idea tan só quedaba negociar cas diferentes administracións ás que afectaba o proxecto: todo un mar de inacabable burocracia no que o gran emprendedor camariñán do noso tempo demostrou ser un hábil capitán chegando a rápidos acordos cos diferentes entes públicos polos que todos saían gañando algo.
Así, a primeira administración que dou o seu visto bo ao futuro uso hosteleiro do Castelo do Soberano foi a Dirección Xeral do Patrimonio. Esta mostrouse dacordo cun futuro pacto entre Soto e o Concello de Camariñas polo que a cambio de obter a cesión gratuita da fortaleza marítima a Corporación camariñana otorgaría a licenza para a construcción dun hotel nos terreos situados enriba do Castelo. Neste punto cómpre sinalar que dende o primeiro momento Soto barallou a confección de dous proxectos hosteleiros, un no propio Castelo e outro nos terreos que o dominan e a pesares de valorar moi positivamente Patrimonio o que se executaría sobre o propia batería camariñana entenderon que para axilizar trámites e eliminar burocracia sería preferible que os permisos se centrasen no segundo dos proxectos, o que se sitúa nos terreos enriba do Castelo. Este último presenta unhas modernas instalacións perfectamente integradas no terreo, que recolle nunha 1ª Fase 30 habitacións e que asemesmo contempla unha hipotética 2ª Fase con outras 30, que conta cunha piscina exterior e un SPA interior, dirixido a captar clientes ao longo de todo o ano, non só na tempada alta, así como residentes da zona que nas súas augas termais poidan tratar problemas de saúde.
Unha vez obtido o visto bo de Patrimonio e da Consellería de Turismo, onde tamén foi presentado o anteproxecto, quedaba chegar a un acordo ca Consellería de Medio Ambiente. A transacción con ésta última non tardou asemesmo en producirse poñendo como única condición que o convenio co Concello de Camariñas se articulase a través da aprobación dun Plan Especial para o Castelo do Soberano dentro do actual PXOM que contemplase únicamente a recuperación e adecentamento da batería do Soberano e a construcción do futuro hotel nos terreos adxacentes, instalacións hosteleiras que sempre deberían ir vinculadas ao Castelo. Respecto a última das administracións en concurso, o Concello de Camariñas, o acordo parece ser asemesmo total, non en balde consigue de forma gratuita o Castelo para disfrute dos veciños de Camariñas e un hotel que colocaría á Vila das Palilleiras á vangarda da hostelería da Costa da Morte, cos postos de traballo que elo traería aparellado (sobre uns 15 en tempada alta; 7/8 en tempada baixa) e o efecto chamada turístico conseguinte. Neste punto podemos confirmar que o Alcalde de Camariñas Pichurri e o arquitecto contratado por Juan González Soto en breve desplazaranse conxuntamente ata Santiago de Compostela para entrevistarse con altos cargos de Medio Ambiente e profundizar así no desenrolo do proxecto que rescitaría da ultratumba á fortaleza marítima centenaria de Camariñas.
Así pois, a sorte está botada e, froito dun traballo longo e serio, a base de abundante paciencia, prolíficas ideas e moito talento, todo parece indicar que desta volta o Castelo do Sobrano despertará da súa longa noite de pedra. Un proxecto serio e de gran envergadura, nunca visto antes na Vila das Palilleiras, que ca finacianción adecuada, con socios capitalistas comprometidos cunha idea solvente e de gran futuro, colocará a Camariñas como referente principal do turismo de calidade en todo o entorno da Costa da Morte, un ámbito éste no que por desgracia a día de hoxe esta Franxa Atlántica adolece dun precario desenrolo. O sono tan longamente anhelado por ese visionario chamado Juan González Soto podería estar dando os seus primeiros e firmes pasos para convertirse nunha realidade da que se beneficiará toda Camariñas. Unha nova era ábrese para o Castelo do Soberano.





Comentarios
Parabéns, e queira Deus, que poda cumplir ese meu desexo.
Unha aperta
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.