- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Xaneiro 2008 19 Xaneiro 2008
Esto é CAMARINAS.EU

Imaxe capturada do programa de estadísticas web Google Analitics
Xa hai unha nova data histórica para camarinas.eu: o xoves 17 de xaneiro de 2008 cando entre todos superamos o listón que marcáramos o 11 de decembro de 2007 (1.215 entradas), deixando o novo récord en 1.221 entradas. Agora ben, non creemos que esta nova data histórica dure moito: o Camariñas Beauty, unha auténtica bestia salvaxe que ten en vilo a todo un concello, cas novas belezas invitadas que pronto aparecerán en portada vaise a disparar.
Así pois esta redacción quere agradecer a todos os seus usuarios rexistrados e a todos os seus visitantes o seu apoio tanto en forma de mensaxes nesta web ou ánimos polas calles para seguir adiante con esta páxina que fixo que Camariñas sexa o maior referente das novas tecnoloxías na Costa da Morte. Este logro non é solo dos redactores xa que a peza clave sodes vos, os usuarios rexistrados. Como decimos e non nos cansamos en moitas ocasións xa nos dades o traballo feito, só hai que empaquetar o producto e vendelo. En próximas datas abriremos novas vías de participación para os usuarios rexistrados (máis de 550) para que o seu protagonismo sexa aínda maior. En fin, recordade: esto é camarinas.eu.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.