1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A primeira fase das obras da Rúa da Igrexa de Xaviña rematou este mes de setembro de 2013

Por fin remataron este pasado mes de setembro as importantes obras que se levaron a cabo na Rúa da Igrexa de Xaviña. O propósito desta actuación foi a de ampliar a calzada e dotar de beirarrúas e aparcamentos a este importante vial enclavado xusto no corazón da parroquia máis extensa do noso concello. As obras, levadas a cabo pola empresa Construcciones Canto Carril, estaban previstas que remataran entre marzo e abril deste ano ainda que ao final por diferentes motivos foi rematada na data sinalada máis arriba. Quedan pendentes de instalar unhas barandillas de aceiro inoxidable ao lado do parque infantil da parroquia por motivos de seguridade e xa se dará por finiquitada definitivamente unha obra que se extendío unha boa tandada de anos.

Así e todo, sen embargo non foi éste o seu final postrero. Queda pendente unha derradeira fase do proxecto que consistirá no acicalamento e empedrado da Praza da Igrexa que en principio está previsto que dea comezo a principios de abril do ano próximo. Para elo, tivo o concello, por aquelo da asfixia orzamentaria que sufre a administración local do noso país (sen lugar a ningunha dúbida o nivel do sector público español máis saneado económicamente con moita diferencia), que completar a cuadratura do círculo financieiro e así esta inversión será financiada en parte polo Grupo de Acción Costeira (pois por fin lle atopamos unha utilidade ao invento éste) e o Concello de Camariñas, deixando deste xeito totalmente renovada a céntrica e concurrida Praza da Igrexa de Xaviña.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.