- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 18 Xaneiro 2008 18 Xaneiro 2008
Agora que o pobo de Camariñas empeza a quentar motores con motivo da preparación da XVIII Mostra do Encaixe, non está mal recordar unha das primeiras mulleres que se decatou da forte atracción que exercicía o encaixe sobre os turistas que visitaban o noso pobo. E esa muller non era outra que Sofía do Nacho, unha muller que ao cabo dos anos resultou ser nai e avoa de moitos dos usuarios máis fieis de camarinas.eu.
Esta foto ten así como vinte anos, e é unha auténtica foto histórica de Camariñas. Dona Sofía traballou comprando marisco de Camariñas nos anos 60, cocía o camarón e despois mandábao á Coruña no antigo Land Rover de Ruperto vello, tamén tiña unha mítica frutería que alternaba coa venta do noso encaixe, pero eso foi anos despois de empezar a comprar o marisco.
Dona Sofía, a primeira muller que vendío Encaixe nas rúas de Camariñas
Foi unha señora moi emprendedora pois quedou viuda moi xoven, chegou a ter fillos e moitos netos, e peleou moi duro por sacalos adiante, e hoxe en día éstes na súa maioría resultaron ser usuarios de camarinas.eu. Nai do recordado Esteban de Gelines (Pai de Mikel e Karina), pero tamén de Pilar de Lin, Sefa, Carmen do Italiano e netos como Gelinita, Pilar do encaixe, Carmencita do Arnela, Aniña de Sofía, todos os fillos de Pilar de Lin, e un longo etc.. En fin, unha muller clave no desenrolo de Camariñas, que sen dúbida se sentiría orgullosa de ver como todos os seu descendentes seguiron o seu exemplo.


Comentarios
bo traballo rapases.
un saludo
Ese arte hecho de encaje de espuma de mar, prendido por alfileres de oro en almohada de blanco satén.
El sonido de los palillos al cruzarse siguen susurrando su nombre: SOFIA.
Fdo. Bufardo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.