- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 24 Setembro 2013 24 Setembro 2013

Seguramente para evitar que algún hipopótamo, agora que o PP tirou para sempre con el ao mar, se suicide arroxándose ás augas embravecidas do regato do Pedrouzo, o Concello de Camariñas tomou as medidas necesarias para que unha serie de vallas protectoras foran instaladas ao longo do seu curso. Non só por esto, o ollo previsor municipal tamén anticipou acontecementos e quixo evitar asemesmo que as voluminosas carnes e as fluctuantes graxas do animaliño en cuestión poideran obstruir o normal fluir do gran curso hidrográfico xaviñán colapsando as súas augas ata o Ariño cas fatais consecuencias para o marisqueo municipal que elo traería aparellado. Incluso no momento da súa morte postrera, fluindo a duras penas as súas abundantes chichas nunha procesión mortuoria e fúnebre fluvial, baixo o coro habitual duns lamentables ximoteos e balbuceos cibernéticos, demostraría o noso hipopótamo municipal ser letal para os intereses das boas xentes de Camariñas.
O caso foi que que (aparte dos motivos de pura humanidade e conmiseración ante a desgracia allea antes comentados) dende o concello apreciouse dun tempo a esta parte que o nivel de seguridade na zona non era o ideal e por elo enviouse a un dos policías municipais ao lugar co mandato expreso de redactar un informe de seguridade sobre o curso do Río Pedrouzo. Unha vez constatadas no mesmo a existencia de graves deficiencias que repercutían sobre a circulación dos cidadáns (e dos hipopótamos), remitíose o citado informe ao ente autonómico competente en materia de conservación de carreteras, Estradas de Galicia, o cal ca lentitude propia dos dinosaurios administrativos empezou a meter man no asunto pasados uns dous meses dende a recepción do dossier camariñán e por partes e mediante parcheos acabou instalando as vallas que a bo seguro evitarán un drama dentro dos ambientes radicales da extrema dereita de Camariñas. Unha medida da que aquí en Camarinas.eu sinceiramente nos congratulamos, porque estes pobres diablos do extinto Comité Local de Sabios Expertos do PP de Camariñas, cas súas botaratadas cada vez máis delirantes e esperpénticas prometen no futuro días de gloria para o xornalismo da Costa da Morte, dun nivel nunca antes visto e que chegará a deixar en nada as andanzas e desventuras dos seus ex-camaradas do sector oficial, os así chamados polas súas deprimentes peripecias "Los Alegres Bromistas" (Daniel & Co.). Gracias Deus Todopoderoso por deixarnos estar aquí e poder contalo. Avecíñanse días históricos para o xornalismo (o humorístico, queremos decir)
{tab=Foto 1}
{tab=Foto 2}
{tab=Foto 3}
{tab=Foto 4}
{tab=Foto 5}

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.