1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúan as obras do engano máis desvergonzado da historia de Camariñas
En 1963 en Nueva York destruiron unha obra maestra para crear outra. No mesmo solar no que estaba emplazada unha das estacións ferroviarias máis impoñentes da historia dos camiños de ferro, a de Pennsilvania (a popularmente coñecida como Penn Station), construíase o Madison Square Garden, o coliseo multiusos posiblemente máis famoso do mundo, aquel no que dende hai xa cincuenta anos levan xogando os Knicks ao Baloncesto, os Rangers ao Hockey Xeo, no que Mike Tyson ("El Terror del Garden") repartío tundas sin desmaio nos 80 e onde algúns dos concertos máis lexendarios que se lembren tomaron forma. Uns anos antes, e quen sabe si servindo de inspiración para os inquietos newyorkinos, nun illado e mísero pobo da costa atlántica española, nuns tempos de posguerra e autarquía económica, os seus habitantes decidiron demoler un castelo centenario para cas súas pedras construir un espigón que os protexese dunhas augas que de cando en vez se embravecían de máis e tomaban ao asalto as rúas da vila.

Para a ampliación do espigón do Muelle Novo de Camariñas non fixo falta demoler ningunha outra xoia arquitectónica: tan só baleirar os exprimidos bolsillos do contribuinte. E aínda gracias que os fondos que a financiaban non foron a acabar noutros bolsillos, nos dos políticos e partidos de turno, en todo queremos decir porque unha parte, pequena ou grande, xa se sabe... Aínda que máis que na Estación Pennsilvania ou o Madison Square Garden, no que en verdade leva a pensar a inacabable obra da ampliación do espigón do Muelle Novo é na construcción do Monasterio de El Escorial: a tal paso que para un simple recheo de pedras e terra e un asfaltado superficial ahí levan xa máis de dous anos. Si ben é certo e a semellanza da sentenciada obra da autovía da Costa da Morte, polo medio quedaron un par de veces sin un peso e houbo que parar as rotativas para, despois dun novo baleiramiento de petos e contas correntes cidadáns, volver a imprimir billete verde e recomenzar a obra. E así, nacida dun timo escandaloso perpetrado por un tal Álvarez Campana (que non Campaña), cunha boa decea de millóns de euros que quedaron polo camiño (nalgunhas vilas costeiras das Rías Baixas foron 30, así que mellor non queixarse), con máis pena que gloria, pode decirse que cáseque a tombos e a través dun parto maís dificultoso co da obra ca que Felipe II decidío inmortalizar o triunfo na Batalla de San Quintín, o recheo do Espigón do Muelle Novo parece que encara as súas etapas finales e esta mesma semana recibía unha capa de asfalto que presaxia o seu fin defnitivo.

Alá en Nueva York, vista a fortísima contestación social que enfrontara a decisión, a rebelión masiva dunha intelectualidade botada literalmente ao monte, recoñecida a salvaxada que se acababa de cometer (as súas solemnes columnatas dóricas, as súas enormes vidrieiras de miles de cristais ornamentais, a súa xigantesca sala de espera estilo clásico, os seus andéns combinación vidrio e aceiro, todo convertido en polvo), decidiron que algo así endexamáis voltara acontecer e o precedente da Penn Station servío de base para a promulgación dunha serie de leis que garantizaban a conservación do patrimonio arquitectónico da cidade. Aquí en Camariñas, fieis ás nosas tradicionais querencias nacionais, ninguén aprendío nada e tan só uns anos despois, na época dourada do desarrollismo franquista dos 60, toda unha mediterránea vila de casiñas brancas era demolida sen piedade polos seus propios habitantes para construir no seu lugar un horrendo conxunto urbano de cemento, ladrillos e vitray. Foron os comenzos dun estilo arquitectónico propio, despois coñecido como o do "Ti Fai".

Comentarios   

eu...Kiños
+3 # RE: Dous anos despois, a Obra do Muelle Novo encara o seu fineu...Kiños 14/09/2013 12:50
Ao menos apreciase que en pouco estara concluida a pesar do extendido tempo,non asi a autovia da costa da morte que apunta que dara para unhas lexislaturas mais.
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Dous anos despois, a Obra do Muelle Novo encara o seu finBeldoña 14/09/2013 21:22
Que no se olviden de poner la farola que pagué, una noche ciega de calamares.
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
0 # RE: Dous anos despois, a Obra do Muelle Novo encara o seu finMoncho de Dios 16/09/2013 19:01
La ria de Camariñas que es su verdadero nombre, siempre fue uno de los puertos mas importantes de toda la costa da Morte,creo y lo digo tal como lo siento que el principal punto de entrada de la economía camariñana es su puerto de mar
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.