1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As cunetas de Brañas Verdes foron obxecto dun recente acicalado

Tarde, mal e arrastro, cando o verán xa case estaba finiquitado e un novo outono ca súas chuvias omnipresentes e os seus temporais desencadeados xa se avizoraban no horizonte, os sufridos e laboriosos operarios da Patrulla Municipal de Obras procederon a limpiar de silvas, toxos e malas herbas as cunetas dos camiños que levan ata Brañas Verdes. Pero aos que en verdade había que limpiar das nosas vidas era á pandilla de inútiles, á patrulla de incapaces corrompidos e de xestores nefastos que levaron a todo un país a protagonizar un rídiculo histórico e gratuito en Buenos Aires un fatal venres 6 de setembro de 2013. Tercer batacazo sucesivo nunha mesma pedra, algo nunca visto pola incompetencia e nulidade inauditas que denota, Madrid e por ende España quedaban sen uns xogos olímpicos que, a verdade, a ninguén lle facían a máis mínima falta.

En esto, como en todo, foi impagable a labor desenrolada pola prensa patria. En especial (non podía ser doutro xeito) a deportiva. Os mesmos que antes sen a máis mínima contrastación, sen o menor rigor e investigación previa, creaban un (falso, como despois se vería) estado de euforia colectiva, no que Madrid despois dun sinxelo paseo triunfal ante dous rivais dunha entidade pouco menos que comparable a de Tufións e Berdeogas (con todos os nosos respetos) acadaría a Olimpiada do 2020, despois tronaban desencadeados e furibundos, ultraxados no seu honor patrio, contra a clásica conspiración xudeomasónica perpetrada polos membros corrompidos e corruptores do COI. Nin a máis mínima autocrítica respecto a un proxecto que visto agora en perspectiva, non valía nin o papel no que estaba escrito. Nada que decir respecto a lamentable patulea política que leva máis de oito anos enchéndose os bolsillos a conta deste timo financiado con diñeiro público (8.000 millóns tirados en obras, 80 na promoción da candidatura) e que descalabrou a España polo precipicio do rídiculo internacional máis absoluto. Foi algo parecido ao do recente Trofeo da Copa de Confederacións de Fútbol disputada en Brasil: si antes o Marca e compañía ahí se tiraron ata tres semanas enchendo as súas portadas e máis de medio periódico a conta dun torneo que pouco menos parecía o acontecemento histórico máis grandioso dende as Tablas da Lei e no que cada vez que Casillas rozaba un balón estábamos ante unha parada antolóxica, un prodixio aerodinámico que poñía en cuestión as leis gravitatorias de Isaac Newton, despois de levar unha soberana tunda na final descubríamos un tanto atónitos e perplexos que en realidade se trataba dun torneo veraniego máis, unha copa de chichinabo na que os nosos xogaran pouco menos que andando e ca mente posta nas garotas brasileiras que esperaban sedentas de amor no hotel. Por algo transmitira todo o evento Telecinco.

E como sempre, os políticos e os xornalistas que lles dan vuelo levaron esta pobre e maltratada España dos nosos días a sufrir unha humillación internacional histórica, ridícula de tan gratuita e evitable, de tan profundo calado que rebaixou a nosa imaxe como país ao nivel do fango e propiciou unha ferida aberta na nosa autoestima que tardaremos anos, tal vez décadas, en superar. É aquí onde un bota de menos esos medios de comunicación serios dos países anglosaxóns, esos que rixen o mundo (teñen que rexir o mundo), serios, contidos, sobrios, sempre contrastando as súas noticias e a veracidade das súas fontes, críticos do poder e independentes frente a toda inxerencia externa, onde o amiguismo con aqueles aos que teñen que fiscalizar está proscrito e a saúde moral da república é o seu fío vector, nada dados a euforias nin a fantasmadas (o Madrid, o mellor do mundo, o Barça, tamén o mellor do mundo, despois virán dous equipos alemáns repartirán un par de tundas como si nada e todos despertaremos a cantazos, a trompada limpia, dun dulce sono). O día que España contase cunha prensa así, ese día, poderemos comenzar a escribir o noso futuro. Si chega, posiblemente chegará tarde. Eso vai ser o malo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.