- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Setembro 2013 04 Setembro 2013
Temos xa comentado en infinidade de ocasións que a época das grandes obras acabouse, aquel maná dourado de formigón, asfalto, beirarrúas e edificacións varias que permitía encherse os bolsillos aos constructores, os cales, xente agradecida, retornaban un pouco daqueles cuantiosos beneficios en forma de financiación aos partidos políticos que en aras sempre do interese público adxudicaran as obras en cuestión. Por elo é normal que nestes famélicos tempos que corren, vendo o exiguo da inversión, un alto responsable da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en compañía dos seus camaradas do Partido Popular de Camariñas (sector oficial, esto é, Los Alegres Bromistas) se plante nun edificio municipal sin pedir permiso ao dono das instalacións, alardeé dun gasto que non fixo e ante uns pais e unhas nais conducidos en masa vía whatsapp dende a ANPA local, improvise todo un señor mitin político. Esto viría a acontecer en Camelle, na súa Escola Infantil (de titularidade municipal), un 15 de xullo de 2013.
Porque o que é a obra, sí que se fixo, que é o realmente importante, sin que importe moito a administración que poña os cartos porque en definitiva estos soen saír sempre do bolsillo do contribuinte e nunca (que se saiba) do peto particular do político de turno pero home, ¡mira que ir a colgarte as medallas dunha inversión na que aínda non puxeras un peso! Ay, como son estos políticos, sonche terribles, como nenos pequenos igual e o peor de todo é que posiblemente teñamos a clase política que nos merecemos. E a todo esto a obra en cuestión consistío na colocación dunha tarima flotante ao longo de todo o edificio, o acondicionamento interior do mesmo, un repintado da instalación e a mellora dos baños. Quedaba pendente a executar pola Xunta (e tal vez por ahí viría o do mitin do señor xerifalte de Santiago) o cambio de portas e fiestras así como a mellora do sistema de calefacción. Todo elo para que os que realmente importan en todo este asunto tan manipulado polos adultos, os rapaces camelláns, poidan desfrutar dunhas instalacións en condicións nas que formarse debidamente para o duro día de mañán, e sendo esto así, esperamos sinceiramente que ningún deles asistira so citado acto político do día 15 de xullo, porque vaia exemplo ían recibir para o futuro: ver aos seus maiores protagonizando unha vergonzosa pantomima.
Comentarios
NO VEO NADA,SOLO PENDEJADAS
http://www4.zippyshare.com/v/71542521/file.html
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.