1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Se esta mesma semana falábamos nas nosas páxinas dunha cea de reencontro entre os membros do antigo Grupo de Gaitas de Camariñas, agora imos publicar dentro da nosa sección de Fotos Históricas, ese invaluable arquivo gráfico de Camarinas.eu que non ten fin, dúas imaxes deste gran conxunto de xóvenes da Vila das Palilleiras que dende os primeiros anos 90 adicouse a sembrar ca mellor música tradicional galega en canta festa de certa importancia se celebraba por este olvidado recuncho atlántico. Eran as épocas dos Toldos Vimianzo, dunha tarima de contrachapado e catro ferros aguantando de todo o entramado, antes de que modernos e superdotados trailers acondicionados  convertiran o sinxelo xogo da música de verbena nun espectáculo de luz, sonido e efectos especiais máis propio do Circo do Sol que o dunha sinxela actuación musical. Por elo nada mellor que este reencontro cas esencias da música máis auténtica, aquela que levaba soando polas prazas, rúas, bosques e corredoiras galegas dende centos de anos para atrás e á que un puñado de xóvenes camariñáns daquel entón deron adecuada continuación. Tamén esta redacción retoma outra tradición, a das imaxes de arquivo do noso concello, aqueles conxuntos de fotografías que nos farán voar no tempo, a través da revitalización dunha sección inxustamente postergada. Fotos Históricas reocupa o seu espacio en Camarinas.eu.
 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.