- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 20 Xullo 2013 20 Xullo 2013
O que antes era apaleamentos, brutalidade e salvaxismo sin sentido, agora dou paso a responsabilidade, compromiso e preocupación. En verdade non pode haber maior proba da culminación do proceso civilizatorio dunha sociedade que o trato que lle da aos animais, en especial aos de compañía. Decimos o anterior porque esta mesma semana o noso querido amigo, veciño histórico da Rúa do Castillo, Couto atopou vagando polas rúas de Camariñas a un pobre canciño, desnortado e temeroso, e decidío levalo á súa casa e cuidalo mentras non aparecese o seu antigo dono. Para elo confía na páxina máis seguida da Costa da Morte, á que trouxo esta foto tomada no patio da súa casa.
O certo é que o canciño aínda é un cachorro, presenta aspecto saudable e tiña un colar, detalles que levan a concluir que se trata dun cánido tristemente perdido e non abandoado, moda á que somos tan dados os españoles, en especial o seu elemento cazador (ahí están os miles de galgos que cada ano son mutilados-asesinados-torturados-masacrados-abandoados polos humanitarios cazadores patrios), algo que nos abochorna diante do resto de Europa e ante o que o Goberno non toma unha soa medida. ¿Vale máis Bárcenas ou Pepiño Blanco que este desamparado canciño? África comenzaba nos Pirineos, como acertadamente sentenciara en tempos David Bowie. Sen embargo tal vez exista remedio para a determinación xeográfica da ubicación definitiva da nación española, por elo confiamos sinceiramente en que haberá interesados en contactar con Couto achegándose ben pola súa casa da Rúa do Castillo ben chamando a esta redacción. Para eles, lembramos a frase do famoso actor alemán Heinz Rühmann: "Se puede vivir sin perro, pero no merece la pena". Nunca unhas verbas foron tan acertadas: o redactor que o presente subscribe tivo que esperar a ter 33 anos para poder dar fe delo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.