- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 15 Xuño 2013 15 Xuño 2013
Dende sempre, onde a outros se lles dou pola destrucción máis pura e simple (tanatorios, PXOMS, casas particulares denunciadas por compañeiros de viaxe, etc...), aquí en Camarinas.eu sempre preferimos a construcción: ahí onde víamos unha excavadora e un par de operarios cunha pala e un rastrillo, xa se nos ía a alma e corríamos raudos a deleitarnos cas evolucións inxenieriles en cuestión. Eso sí, sempre que se trate de obras legais e con todas as autorizacións pertinentes non vaia ser que despois teña que ir algún a Casa Consisterial a implorar un humillante perdón. Unha desas obras limpias de pecado, é a que estos días recibe o seu toque definitivo e final en pleno centro da Parroquia de Xaviña.
A construcción de beirarrúas no marxe dereita da Rúa da Igrexa de Xaviña é unha obra cun dilatado historial. Orzamentada inicialmente no ano 2008, chegou a requerir ata unha expropiación por vía de urxencia aprobada polo Consello da Xunta de Galicia e unha serie de modificación no seu proxecto orixinal. Todo elo motivou que a partires de agora o noso admirado Don Mario dispoña de toda unha avenida para recibir aos seus multitudinarios e leais feligreses cada domingo ás portas mesmas da milenaria igrexa románica de Xaviña. Despois dunha severa ampliación do viario, e da construcción dunhas anchas beirarrúas, tan só lle quedaba ao noso querido amigo Josemar, xerente en xefe de Construcciones Canto Carril, o impecable asfaltado do piso da que será a gran arteria viaria de Xaviña e esto fui precisamente o que acometían os seus esforzados operarios nos días centrais do mes de xuño do Ano do Noso Señor de 2013. Construindo, non destruindo, que é xerundio.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.