- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 14 Xaneiro 2008 14 Xaneiro 2008
A Rúa Barrosas da Ponte necesita ser rematada xa.

Os socavóns que se produciron este domingo 13 de Xaneiro
Desde o mes de Xuño pasado esta rúa porteña está en obras e as últimas chuvias acaecidas nestes días provocaron varios socavóns nas zanxas abertas para canalizar unhas tuberías. A pesar de que algúns veciños veñen reclamando desde hai tempo que se finalice a obra aínda non hai resposta por parte do Concello. Coma sempre, camarinas.eu atenderá a todas as peticións dos veciños para denunciar calqueira irregularidade que se detecte e axudar a que se arranxe o problema o máis axiña posible. Pulsa na foto para ver outra imaxe do lamentable estado da mesma rúa.

A gravilla e escombro esparcíronse por toda a rúa porteña
Comentarios
Por favor,pediría para as próximas eleccións municipais que todos aqueles que se presenten por unha lista sexa coa sana intención de axudar o pobo, non para cobrar un soldo ou emplear a toda a familia.
Un saúdo.
Grasias CAMARIÑAS.EU
Bravo Camariñas.eu
Por certo, nunca vira esta rúa tan faltosa de automóbiles aparcados...
Non creo que o Concello teña poder sobre os fenómenos climatolóxicos.
Un saúdo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.