- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Xuño 2013 01 Xuño 2013

Tamén aconteceu nunha vila costeira das Rías Baixas hai tres ou catro anos. Chegou un bo día seguido dun reximiento de asesores pero sobre todo de xornalistas da televisión e radio autonómica. Neste concreto punto do litoral pontevedrés prometeu un xigantesco porto deportivo de 15 millóns de euros (ou 30, aquí non estamos moi seguros, pero seguramente tanto dé) e un megamoderno e polifuncional pabellón de remo, xa que ata dous dos clubs galegos máis senlleiros neste ramo tiñan acomodo na citada vila, polo demáis un dos principais centros turísticos de Galicia, de ahí o do porto deportivo. Xa uns cantos anos antes o que entón era conselleiro de política territorial e obras públicas, agora presidente autonómico, fixera a mesma promesa. Pero ahí estaba precisamente a principal diferencia: onde o entón conselleiro fixera a súa estelar presentación aportando unha coqueta maqueta, pero rudimentario prototipo ao fin e ao cabo, este novo visitante, benvido e agasallado Mr. Marshall das vilas costeiras, amosaba unha moderna aplicación informática para a cal foi necesario habilitar unha espaciosa aula da Cofradía de Pescadores. Tan puntillosa e vanguardista era a presentación do proxecto que en verdade facía imposible que nas mentes dos mariñeiros presentes non surxira a crencia certa de que os cartos xa estaban en camiño. E esa foi en definitiva a gran aportación pola que pasou a historia: non polas multimillonarias inversións en si, senón polas ultramodernas presentacións das mesmas. Sen dúbidas foi por elo que unha vez abandoado o seu posto de presidente portuario, o enigmático visitante foi premiado cun mullido e confortable sillón como altísimo cargo dunha deputación provincial.
Sen maior rastro das inversions prometidas, salvo o da obra en curso que leva camiño de superar na súa tan tortuosa xestación á do Belomorkanal, aquela canle de navegación que con man de obra esclava e sen medios técnicos unío na década dos 30 do século XX os mares Blanco e Báltico, o que sí hai en Camariñas a partires deste luns 3 de xuño son novas disposicións e rigurosas prohibicións, acompañadas das súas inevitables multas, quen sabe si co obxectivo declarado de recaudar por fin as cantidades que permitan financiar aquela muchedumbre de obras que un visitante enigmático pero ben recompensado prometera en victoriosa e populosa campaña mediática e política. Entre as novas restriccións, as de meter o aparello nas zonas de atraque e a ordeación na colocación dos citadas artes pesqueiras contra as paredes da lonxa vella e o espigón do Muelle Novo. Como non podía ser menos, Portos de Galicia procederá a cobrar polo uso destas zonas de depósito de aparello, e imporá multas a todos aqueles armadores que violenten a zona verde habilitada ao efecto. Do obrigado e estricto cumprimento destas novas leis portuarias de Nuremberg encargarase a Policía Portuaria, a cal ten orde directa xerárquica de empregarse co celo propio co que un batallón de castigo das SS facía as súas periódicas rondas de control por calqueira aldea ucraniana. ¿Pódese enviar á Policía Portuaria a esixir o obrigado cumprimento do prometido por un enigmático visitante, agasallado e benvido Mr. Marshall das vilas costeiras daquela época, un 10/04/2010?


Comentarios
El origen de este dicho se remonta a los tiempos de Felipe II, cuando existía una moneda que se llamaba así, blanca, que valía la mitad de un maravedí. Esta moneda, la blanca, tenía un valor muy bajo, como el céntimo del que hablaba hace un momento en el primer párrafo. Por lo tanto, no tener ya ni una blanca significaba estar en la más absoluta de las ruinas.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.