- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 28 Mai 2013 28 Mai 2013

Este sábado 25 de maio cunha ruta de 16 kilómetros polo Concello de Camariñas, dende Area da Vila ata o Cemiterio dos Ingleses e volta vía Senda Marina, finalizaron as "Andainas pola Costa da Morte". Cinco concellos involucráranse neste proxecto (Vimianzo, Ponteceso, Camariñas, Corcubión e Muxía) e 200 sendeiristas animáronse a poñerlle a tan singular iniciativa a guinda final. Pouco máis hai que decir respecto á presente noticia salvo o sintomático dalgunha que outra ausencia lamentable e obviamente visible que na nosa opinión frustra de xeito definitivo tan ilusionante proxecto. E eso que por dispoñer de tempo libre seguro que non fui.
Porque calibramos aquí en Camarinas.eu que seguramente un dos obxectivos declarados de quenes idearon estas rutas era a de sacar de diante do ordenador a hipopótamos políticos rabiosos que non fan máis que vivir apegados a unha realidade virtual paralela, alonxados e despreciados xa non polos seus rivais ideolóxicos, senón polos seus propios simpatizantes e compañeiros, por adicarse como labor profesional única a algo que noin deixa de causar desprecio e noxo en calquer ser humano medianamente decente: ser un delator, un denunciador a xornada completa de veciños do seu propio concello así como inductor de veciñas colindantes para novas denuncias por un quítame allá esas pajas ou máis ben esos centímetros. Amén obviamente, de ser pioneiro en Camariñas desa moda tan extendida agora de utilizar asociacións privadas varias (asunto Río Porto) para fins privados e políticos. ¡Ay, algúns secretarios do noso concello, pero que castigo nos caío enriba! Como ben que sentaría o aire fresco, preñado de salitre e espacios abertos, de Reira sacudindo os fuciños rabiosos do noso hipopótamo político.

























































Comentarios
Cayo Julio César Vipsanio, Julia la Menor, Lucio Julio César Vipsanio, Agripina la Mayor y Marco Vipsanio Agripa Póstumo.Una amiga, conocedora de los devaneos de la hija del emperador, le preguntó cómo era posible que ninguno de sus hijos fuese de alguno de sus amantes, Julia contestó:
Nunca acepto pasajeros hasta que la bodega de carga está llena.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.