- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 27 Mai 2013 27 Mai 2013
Tal vez para evitar seguir o exemplo da cuberta da Lonxa do Curbeiro, en datas recentes unha empresa de construcción procedío ao acicalado do teito da Igrexa Parroquial de San Xurxo. Arrancou malas herbas de tellas e canalóns, quitou a terra aposentada polos ventos sobre o máis sagrado dos tellados de Camariñas e arraxou algunha que outra tella descalabrada. Pero si por unha parte entendemos correcta e aplaudimos a decisión executada, por outro cremos necesario e ineludible que, en sentido inverso, se proceda a reforzar o carácter horto-frutícola da cuberta da vella rula camariñana: que sen máis dilación e de xeito decidido e valente se inxerten novas especies arbóreas e unha intrincada masa forestal co obxectivo declarado de crear un vangardista xardín botánico municipal.
Especies exóticas, en perigo de extinción, procedentes de xunglas tropicais do Brasil, Nicaragua ou Zaire, alí onde literalmente unha floresta de millóns de anos de antiguedade voltou tolo ao mesmísimo Kurtz, acollidas ao especial microclima do Curbeiro, mixtura especial de sal, vento, e escamas, a poción ideal ca que recrear un edén ecuatorial. Camariñas paraíso do turismo vexetariano por obra e gracia dunha demacrada lonxa abandoada, o Curbeiro portada das máis ilustradas e prestixiosas revistas florais británicas, demostracións televisivas de expertos horticultores podando xeranios cun pe no vacío. E alí, nunha esquiniña, no rincón máis abrigado dos ventos, do latigazo inesperado dun salseiraso furioso, o rosal do que extraer nun non moi lonxano e esperanzador día, albor de novos tempos, as flores cas que agasallar á nosa fermosa raíña de sangue camariñana.
Comentarios
Ata entón, era común aspirar o que se coñecía como polvo sevillano ou rapé, que era un produto elaborado pola fábrica de tabaco hispalense. En lugar de fumar o tabaco, como se fai na actualidade, esnifabase. Nas reunións, os cabaleiros retirábanse a un reservado a botar o polvo, que non era máis que o consumo daquel produto. A mediados do XVIII comezouse a usar esta escusa para ausentarse con fins máis carnais, non só os cabaleiros, como é lóxico, senón un daqueles acompañado, habitualmente, dunha dama
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.