1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Rastrexando polas ondas cibernéticas, dando un dos nosos clásicos repasos periódicos, atopamos unha pequena xoia visual que de seguida pasamos a reproducir. Ten un tempo xa, posiblemente uns anos, e nela un clásico dos programas divulgatvos na segunda canle da Televisión Española, Jara y Sedal, elixe como protagonista a un dos nosos veciños. Baseado o episodio en cuestión no mundo da pesca, a elección non podía ser máis acertada cando os reporteiros televisivos, supoñemos que tras preguntar aquí e alá pola vila, acudían na busca do noso querido amigo Duardo de Lisa. Baixo a súa cobertura embarcábanse no que hoxe en día sería dado en chamar un exercicio de pesca extrema, á caza das lubinas no entorno febril e aguerrido de Reira, quedando para os anales como un exemplo perfecto e acabado de dominio dos tempos dunha embarcación nun entorno certamente desfavorable e hostil, en canto sabio coñecemento do medio, perfecto manexo dunha lancha e hábil práctica da pesca deportiva. Un observa a Duardo e pensa en Messi tumbando rivais a base de requiebros imposibles. Un vídeo documental que aínda hoxe, pasados xa uns anos, non deixa de abraiar.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.