- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Abril 2013 19 Abril 2013

As relacións hispano-finesas nunca foron especialmente fecundas. En parte derivado do antagonismo xeográfico de ambas nacións, pouco máis se sabe do país dos mil lagos a maiores das peculiares experiencias vividas polo embaixador español en Finlandia durante a década dos anos 40, Agustín de Foxá, postas sobre o papel polo seu amigo o tamén talentoso e excelso escritor Curzio Malaparte ("Kaputt", 1944). Agora, para completar a labor inacabada deixada polo que fora un dos autores do himno falanxista "Cara al Sol" e da novela "Madrid, de Corte a Checa", o Concello de Camariñas decide dar un paso adiante e contribuir a mitigar un desencontro histórico afianzando as relacións hispano-finesas ca celebración dunha xuntanza de xóvenes europeos dentro do proxecto YPAD (Young People and Development) do programa Europe for Citizens. Así, xunto a compañeiros suecos, italianos e españoles todo o que queira poderá preguntarlle ao representante finlandés polo seu punto de vista acerca da invencible "Liña Mannerheim", polas consecuencias da heroica loita do seu pobo durante a Guerra de Inverno ruso-finesa de 1940, aquela sobre a que tan difícil era atopar un par de referencias dentro da historiografía soviética, ata o extremo de que un chegaba a dubidar se algunha vez tivera lugar, ou sobre como un puñado de supostos "Gardas Blancos" independizaron o país en 1918. Incluso preguntarlle si sospeita da existencia dalgún parente lonxano entre os mariis, os karelios, os udmurtos ou os mordvinos. Todo elo gracias ao loable e patriótico esforzo do Concello de Camariñas de arroxar luz alí onde ata agora había sombras e afianzar a política internacional de alianzas do Reino de España.
NOTA DE PRENSA:
Vén a coñecer xente nova para falar de cousas que che interesan con mozos e mozas dos municipios de: - Pitea (Suecia) - Masku (Finlandia) - Borgotaro (Italia) - Forli (Italia) - Ferrol
Inscríbete e desfruta de audiovisuais, coñece como viven en outros países, xoga ao futbolín, comparte as túas opinións sobre o emprego, a educación, sobre Europa, …
Invita a outros amigos e amigas a vir a esta xuntanza..
MÉRCORES 8 DE MAIO
- 10 da mañá: no Faro Vilán, charla sobre a xuventude europea e galega
- 3 da tarde: Conversas na Casa de Pedra de Camariñas.
XOVES 9 DE MAIO *Día de Europa
-3 da tarde: no IES Pedra da Aguia conversa sobre os vídeos feitos polas
mozas e mozos camariñáns e europeos.
INSCRICIÓN e INFORMACIÓN:
- Casa de Pedra de Camariñas
- Teléfono 981 73 70 04.
- Envía un correo cós teus datos de contacto a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este encontro forma parte do proxecto YPAD, Young People and Development do programa Europe for Citizens.


Comentarios
Para seguir leyendo, haz clic aquí...
Tenemos que volver a la verdadera fuente y esa esta en CRISTO
Tampoco olvides que la cirugía, como cualquier otra, implica riesgos. Además, es importante que te fijes expectativas razonables para que no te decepciones si algo no resulta como esperabas.
Francisco publica su primer tuit: "Os ruego que sigáis rezando por mí"
Francisco: "El poder del Papa es el servicio a los pobres"
Recepción a los periodistas: "Cómo me gustaría una Iglesia pobre y para los pobres
El levantamiento ocurrió el 28 de junio de 1854, las tropas de los sublevados se enfrentan a las del gobierno en Vicálvaro (pueblo cercano a Madrid). Con el triunfo revolucionario, Espartero, también liberal progresista, es nombrado Presidente del Consejo de Ministros y O'Donnell ocupa la cartera
Mientras tanto en la Nueva España todo era caos porque no sabian en realidad quien gobernaba si los reyes Jose y Napoleon o los españoles.
Entre los criollos que perdieron sus tierras, ranchos y su capital por pagarle a la iglesia y al gobierno español via las reformas borbónicas entre ellos se encontraban Manuel y Miguel Hidalgo y costilla y muchos afectados del pueblo de San Miguel en Guanajuato el descontento de los criollos por haber perdido años de esfuerzo estallaria el 16 de septiembre de 1810.
"ESTO ES PEOR QUE LAS DIEZ PLAGAS BIBLICAS" Y AUN NO FUE NADIE A LA CARCEL,PREFEREN TES,DESHAUCIOS, CORRUPCION....P ERO QUE CARALLO NOS QUEREDES SUBIR ....O PITO,SI E ASI CALO
Piteå es un lugar donde los niños crecen sanos, los ancianos pasan su vejez tranquilos y se siente a los lejos la actualidad del mundo y la moda
Beiras se ha acercado al escaño del presidente gallego y le ha increpado y golpeado con el puño cerrado su mesa. Mientras se iba le ha preguntado si se creía el juez supremo del pais
DEIXÁDEME COLLER A LANCHA E Os REMOS E IR A PESCAR
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.