- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Abril 2013 07 Abril 2013

Unha primeira cuestión que debe levar a reflexionar é que se programen desfiles de modelos a un horario tan intempestivo como as 13:30 horas da tarde, un momento en principio máis propicio para que algún membro da oposición municipal ande a chiquito libre polos bares do pobo. Elo leva á lóxica conclusión dunha elevada demanda de desfiles por parte do público asistente á Mostra así como da importancia do escaparate que a súa pasarela supón para os diferentes deseñadores, conscientes de atoparse presentes nunha das máis elitistas e importantes vitrinas posibles para publicitar os seus productos. Pero si ao anterior, un horario tan intempestivo como as 13:30 horas, se lle suman que todos e cada un dos desfiles acontecidos a tal hora rexistraron cheos absolutos, a conclusión queda totalmente corroborada e fala ás claras do éxito dunha XXIII Mostra que fixo frente con coraxe e inxenio ao abandono lamentable da Xunta de Galicia e da Deputación provincial e da ausencia dos seus máximos rexedores, quen sabe si reunidos plácidamente a esas mesmas horas con algún que outro narcotraficante convicto.
Ademáis, estaba focalizado o escrutinio do público sobre a nova empresa responsable das modelos que deberían amosar as confeccións dos máis laureados deseñadores: neste punto, público e crítica coinciden en outorgar un aprobado alto e confirmar o acerto da nova elección adoptada. Elo nun entorno infraestructural, obra dunha empresa de carpintería camariñana que substituía á anterior empresa encargada das instalacións da Mostra e que cunha armazón vangardista e innovadora e cun traballo serio e competente logrou dotar ao maior certame encaixeiro a nivel mundial do carácter necesario co que exportar aos diferentes mercados internacionais un producto único e insuperable. Aquel capaz de acadar cheos absolutos nos desfiles celebrados a un horario tan intempestivo como as 13:30 horas.


























Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.