- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Abril 2013 04 Abril 2013
Corren días extranos, febriles, para o Madridismo. Días nos que se combinan as máis gloriosas xestas futbolísticas co linchamento xornalístico do seu adestrador: unha guerra civil larvada entre casillistas e mourinhistas propiciada e aumentada polo acoso e derribo do xornalismo patrio, e nos que incluso o gran templo dos madridistas na Costa da Morte, o sagrado Cafe Bar José Manuel, era víctima esta mesma semana dun segundo asalto por parte dos amigos do alleo en menos de dous anos e medio. Tempos turbulentos nos que como resposta aos embates inclementes e furibundos dunha prensa deportiva maiormente convertida en chusma furiosa, o antigo e milenario distrito camariñán de Mourín, en plena Buría profunda, quixo deixar claro o seu carácter de feudo, bastión inexpugnable do Mourinhismo amosando o seu apoio unánime ao entrenador do glorioso Real Madrid, José Mário dos Santos Mourinho Félix, aquel coñecido como José Mourinho, "The Special One".
E ante este xesto desinteresado, valente, dos veciños dun distrito antigo e milenario que optan por propia vontade e no medio da que está a caer na prensa deportiva por cambiar o nome do seu propio barrio (quen sabe si por un tempo, quen sabe si a perpetuidade) como xesto de apoio ao máis perseguido e lapidado dos entrenadores, un decide dar un paso ao frente e vencendo dúbidas e vacilacións entrar de xeito militante e convencido a formar parte das filas do Mourinhismo. Porque a verdade un non sabía que facer e para onde tirar: anda xa moi queimado e difícilmente podería soportar unha tomadura de pelo máis. Poñamos por caso que ese mesmo redactor que o presente subscribe atópase alén das fronteiras da patria, no extranxeiro (Portugal, tampouco vaian a pensar que se trataba dunha viaxe transcontinental), e recén chegado a unha medieval cidade universitaria, acompañado dunha xoven e fermosa moza, unha impoñente rubia de 1,80 de altura, en vez de fotografiar metódicamente o casco histórico ou adicarse a menesteres máis productivos e placenteros, o primeiro que se lle ocurre é percorrer frenéticamente a cidade en busca dun bar no que poder mirar un Zaragoza-Real Madrid perdido da vixésimo novena xornada de liga, un encontro tan intrascendente como pouco prometedor, cuns xogadores blancos abandoados á desgana máis absoluta e cun entrenador que en todo o partido non sae unha soa vez do banquiño e despois dun lamentable esperpento balompédico, ese mesmo redactor non pode evitar maldecir o seu ridículo forofismo e laiarse polo tempo perdido e a tomadura de pelo, unha máis, infrinxida. Pero claro, aos catro días esos mesmos xogadores e ese mesmo "The Special One" propínanlle sen despeinarse unha soberana paliza ao campeón turco e ahí estamos un ano máis en semifinais da Champions e ás portas da Décima, e volven unhas dúbidas finalmente sepultadas para sempre polo xesto conmovedor e desinteresado de todo un barrio camariñán que en bloque, en masa, como un só home sinala como culpables aos xogadores, en especial ao capitán Casillas, e brinda o seu apoio eterno ao home que non dubidou en meterlle o dedo no ollo a Tito ("Pitu") Vilanova para defender os intereses sacrosantos do Madridismo.
Pero si o redactor pensaba que despois do bochorno futbolístico contemplado lonxe do chan sagrado da Patria as cousas non podían ir máis mal, ao día seguinte constataba con estupor como aínda había madridistas que se atopaban en peor situación: o domingo 31 de marzo o Café Bar Jose Manuel sufría o segundo roubo da súa historia. Vaia dende aquí a nosa solidaridade e apoio inquebrantables ao gran santuario do Real Madrid na Costa da Morte, un templo polo demáis no que entre a súa sabia parroquia The Special One e a súa cohorte lusitana nunca gozaron no pasado de moita predilección que se diga. En todo caso e frente á dualidade Senado do José Manuel vs. Barrio de Mourín e para atallar dúbidas, antes que a manifestación convocada polas peñas madridistas, Mourín decidío dar un paso ao frente e deixou claro o seu apoio masivo e insobornable, incluso cambiando o seu nome, todo o cal nos leva a plantexar unha serie de plausibles escenarios futuros: no caso que o Madrid finalmente non consiga a tan ansiada Décima e todo se deba a un erro lamentable do sustituto de Casillas, Diego López ¿ten pensado xa José Mourinho acollerse ás alturas de Mourín como último refuxio? ¿Defenderán as pedras milenarias do máis antigo distrito camariñán a The Special One da oleada de ataques vengativos dunha prensa deportiva maiormente convertida en chusma furiosa? Unha vez retirado e abandoado ao cultivo dunha pequena hortiña en Mourín ¿atreverase Mourinho a facerse cargo da dirección deportiva dun vestiario tan problemático, cuaxado dunha constelación futbolística doutros tempos, como o do Real Madrid? ¿Neste caso será o vindeiro adestrador do Camelle de Veteranos? ¿Ou formará unha dupla balompédica invencible xunto á maior sabiduría futbolística da historia da Costa da Morte: general mánager dun Xaviña FC presidido por Isaac Caamaño? Todo pode ser querido accionariado independente e apolítico de Camarinas.eu nestes días estranos e febriles no que os máis impredecibles acontecementos poden desencadearse ou non dependendo dunha hipotética (e esperemos que finalmente inexistente) cantada de Diego López.
Comentarios
A quen lle importa o que fai mourinho, a xenta matase coma quen que eles son os que cobran millonadas pero a realidade e que eles son os que tenen cartos coma area. O unico que vou decir e que o pobo de mourin leva anos esperando que lle metan a sinal e aora venen uns tontos por ahi a baixo e fan eso. se foran traballar outra cousa seria.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.