- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 03 Xaneiro 2008 03 Xaneiro 2008
Corrían os últimos anos da década dos sesenta cando, recén construido nos astilleiros de Telleira (Cabana), chegou a Camariñas un barco que non tardaría moito tempo en facer historia, un barco de formas suaves e delicadas, cunha ponte situada na proa da nave, rompendo así co canon establecido ata entón, deixando desta forma máis espazo de carga na parte traseira, un barco que creou escuela tal e como se pode comprobar hoxe en día nun dos portos máis importantes da Costa da Morte, o de Camariñas, con embarcacións que seguen o exemplo do Lubina coma o Manuel de Lin, o Muro de Fontán, o Siro Segundo...
Aos mandos do Lubina estaba un armador e patrón dos vellos tempos, o mítico Manuel Campaña Martínez "Perrúa", grande home e mariñeiro, tristemente xa falecido, que deixou tras de sí unha estela de bravos mariñeiros coma seus fillos Pepe e Manolo, continuando agora con honra e traballo a tradición da familia Campaña os seus netos, os irmáns Yoyo e Javi, así como tamén os seus primos Janito, Adrián e Manuel. Algúns dos cales xa traballaran no Lubina durante os máis de vinte anos que esta embarcación estivera a carrexar constantemente sardiña cara ó noso porto, ata que un día a finais dos oitenta cando se convertira nunha vella pero fermosa dama, e xa fora superada por outras embarcacións máis modernas, rápidas e potentes marchou cara o porto de Malpica.
Coas suaves formas lánguidas dunha muller fermosa, Lubina, vella nave, despois de tantos anos, verche aínda que sexa nunha allada fotografía de cor sepia segue sendo un luxo para os ollos. Lubina, ti sempre surcarás os mares da miña memoria.


Comentarios
Logo tamen me acordo do "escalador",a millor tripulasion do pueblo,xojando o FUTBOL
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.