- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 15 Marzo 2013 15 Marzo 2013
Contan que conformada maiormente por area, a illa de Nantucket (Estado Soberano de Massachussets, USA) contempla impotente como cada pouco tempo suntuosas vivendas de todo tipo, segundas residencias unhas, casas familiares mariñeiras de toda a vida outras, desaparacen ante os embates furiosos dun mar que nunca cesa, constatando os seus habitantes como a non moito tardar un día esvaecerase o que foi o gran porto baleeiro das obras de Herman Melville. Un imperio do efímero chamado irremisiblemente a desaparecer. Pola contra, sólidamente asentada sobre un leito rochoso de case imposible destrucción outra vila mariñeira, a así chamada das Palilleiras ou dos Encaixes, parece encamiñada a pervivir ata o fin dos tempos e xunto a ela a súa flota invencible. De volta no fogar, un dos integrantes da exitosa e decidida armada camariñana na Campaña do País Vasco relata en exclusiva para Camarinas.eu as súas impresións sobre unha viaxe no tempo (a das grandes campañas marítimas de antaño) e no espacio (a traslación xeográfica das máis exitosas técnicas de pesca a cargo do máis experimentado continxente profesional que viron os mares).
"Chamádeme Ismael. Nun dos días centrais do inverno do Ano do Noso Señor de 2013 embarqueime nunha intrépida viaxe ata as Provincias Vascongadas na procura da alí chamada caballa. O prezo que esperábamos percibir polo froito do noso traballo non estón en condicións de aseguralo pero creo que poido chegar mentras estivemos alí ata aos 0,84 euros. Entrementras tan só nos dou tempo a coller tres topes, descargados en sesións de mércores, xoves e venres. O martes foi cando chegamos a Ondárroa, vital vila mariñeira enclavada no que chamaban un tanto pomposamente por estes lares "Territorio Histórico de Biscaia", debe ser que o resto de terras que conforman esta antiga nación española non son históricas, ou que o son menos, eso xa non o sei: son un simpre mariñeiro camariñán que chegou aquí a facer unha labor e unha vez executada, volver raudo cara a miña terra.
Antes de arribar estivemos de paso o día anterior por Santoña, provincia esta de Santander, non tan historiografiada ao parecer e alí atopamos a parte dos integrantes da nosa expedición naval, cantos non o podo asegurar pero sí uns cantos, nestes días que corren ante semellante avalancha benaventurada de embarcacións que inunda o noso porto os barcos camariñáns xa nin se contan: tal vez chegue un día non moi lonxano que postos de través un ao lado de outro as embarcacións da flota camariñana impidan albiscar o horizonte. Un dos últimos en chegar é precisamente o barco que nos conduce, o "Miñones", rexido con man firme por un dos máis aventaxados integrantes desta última xeración de patróns camariñáns. A cifra que todos levábamos en mente era a dos 6.300 kilogramos de tope, límite máis alá do cal xa non habería vida. Unha vez arrancados dos mares 18.900 kg das súas riquezas e tras un prácido fin de semana adicado a deixarse ir polas provincias vascas o luns encaramos paseniñamente a ruta de retorno polo Cantábrico. Voltábamos a unha vila chamada a permanecer inexpugnable sobre o seu sólido leito rochoso ata o fin dos tempos, alá cando outras moito máis históricas no pasado leven descansando por séculos no fondo do mar".

















Comentarios
Saudos e unha agarimosa aperta a cada un dos mariñeiros que seguen engrandecer o bo nome de Camariñas ca sua boa labor!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.