- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Marzo 2013 13 Marzo 2013
Hai algúns que non se sabe si son máis prejeseiros ou máis memos. Pero en calquer caso son moi caraduras: os supervivientes renegados da política en loita postrera e definitiva polo saqueo do Club Náutico. Despois do descubrimento por Camarinas.eu o 24 de novembro de 2012 do plaxio máis bochornoso e humillante da historia da Costa da Morte ("pues sí: el capitán ha plagiado mi blog"), perpetrado conxuntamento por un ex-secretario local do PP en Camariñas e un presunto almirante naviero, candidatos ambos da lista okupa que ten por obxectivo facerse co Club Náutico a maior gloria de Viproga SL, en datas recentes Camarinas.eu descubría un novo saqueo xornalístico desvergonzado perpetrado por un dos dous protagonistas anteriores e que unha vez máis tiña por víctima a esta redacción. O maxistrado que na asamblea recente do CNC sorprendía a propios e estranos ca súa fotofobia, que pedía que se prohibira taxantemente sacar fotos, non tiña reparo algún en desvalixar imaxes de Camarinas.eu en beneficio do estercoleiro cibernético habitual.
Ocorría este novo plaxio desvergonzado recentemente cando o diario La Voz de Galicia utilizaba unha imaxe cedida por Diego Alonso Freire para ilustrar unha noticia referente a un pleno municipal, deixando no pe de foto clara a identidade do autor da imaxe. Algún tempo despois un recoñecido vago profesional, mantido a todo tren polas súas dúas mucamas, non tiña reparo algún en saquear a imaxe propiedade de Camarinas.eu e ilustrar con ela algunha das súas clásicas memeces. Un novo plaxio perpetrado por parte do gran sacamanteigas xornalístico desta Franxa Atlántica era xa unha realidade.
Todo elo como aperitivo do novo gran proxecto empresarial do máis grande potentado do universo impreso que viron os séculos. A falta de maiores negocios que tirarse ás fauces, anda actualmente reenganchado na súa antiga querencia de director do boletín oficial dos golpistas náuticos e apoia a todo trapo a candidatura que ten como obxectivo único devolver á empresa dirixida pola filla de Daniel Rego á concesión do Bar Restaurante do CNC e perdoarlle o inxente pufo xudicial. Despois, unha vez colocada a Lista Okupa enfervorecidamente apoiada dende a web oficiosa do PP de Camariñas voltaría a encherse os bolsillos facendo negocios navieros co CNC e levando ao extremo aquela frase de "oíste, gracias por seguir comprándome los sobres". Todo o anterior, que menospreciara unha Bandeira Azul que pertencía por igual a tódolos socios, aquela que segundo noticia publicada no estercoleiro cibernético era menos azul porque estaba digamos, ejem, chea de inmundicias, que insultara repetidamente (a última vez, este mesmo fin de semana) ao na actualidade único Presidente de Honor do CNC, que defendera sen dúbida algunha unha okupación ilegal vapuleada polos tribunais, que defendera un intento de sustracción de ofertas á concesión do Bar Restaurante e unha agresión ao Secretario do CNC e por contra, certificara unhas ameazas e intentos de agresións que non existiron (asunto dos varóns fornidos) desmentido contundentemente por sentencia xudicial, todo elo decíamos dalle igual a estos caraduras que teñen na supervivencia diaria o principio rector da súas vidas: o único que importa é que pase outro día máis sen traballar e vivindo a conta do cuento, antes a política, agora the last days, co ollo posto no Náutico para sacar tallada do mesmo, unha vez colocada a candidatura de Viproga SL no poder.
Comentarios
todo es igual,nada es mejor,lo mismo un burro que un gran profesor, no hay aplazaos, ni escalafon,los inmorales nos han igualao.
CAMBALACHE TANGO DE 1934
MI TANGO PREFERIDO ES -----POR UNA CABEZA.CANTADA POR CARLOS GARDEL
Ti veras o q fas.avisoche por ultima ves non kero saber na de dani.kedas avisado.eu teño a miña xente q non quere volver a verbos e xa eston cansado home xfavor
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.