- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Marzo 2013 08 Marzo 2013
Aínda a pesares dos cambios producidos, cando un supertrailer de anchos espacios e profundidades insondables tomou forma no Muelle Novo camariñán non puido evitar levantar suspicacias: o contubernio okupa-pufista-plaxiador voltaba a carga para levarse o Club Náutico ás costas. Anticipaban as mentes susceptibles a imaxe dun pequeno disque capitán asiático de ollos rasgados e gran querencia polos plaxios xornalísticos perpetuos, toda unha vida de fraude continuado, e un e violento e derrotado político con gran inclinación polas lamentables borracherías e os pufos masivos, toda unha vida de batacazos electorais continuados, tomando os mandos do monstruo de acero e marchando co CNC ás costas cara aos Alpes bávaros. E en verdade algo deso podería haber, cando polos mentideiros rumoroloxísticos camariñáns nos días que corren esparcíose a especie de que os dous anteditos xunto a algún que outro palanganero de ocasión andarían proclamando repetidamente no seu hábitat natural (a barra do bar) que irrumpirán a sangue e fogo na asamblea xeral deste sábado 9 de marzo a pesares dos obstáculos legais-disciplinarios que lles vetan a entrada e provocarán unha masacre societaria. Algo así como unha especie de Columbine pero en versión náutica.
Pero non, como na ocasión precedente non chegaron a tanto aqueles para os que decencia, a honradez e ata o mero sentido común nunca constituío un freno. Non querido accionariado, intentarán arramblar co CNC pero dende dentro, non dende fóra, xusto como aquela vez que este reducido e minúsculo grupúsculo ultra, co visto e prace da Dirección do PP Provincial, se tirou un ano enteiro okupando ilegalmente, un secuestro pola forza, as instalacións do Club Náutico. ¿Pasa algo así nun país serio? ¿Pasa en países digamos como Suecia, Noruega, Alemania ou Estados Unidos? ¿Ou pasa en México, Venezuela, Bolivia e Ecuador? ¿En Guinea Conacry, Burkina-Faso e Botswana? ¿En cal dos estados mencionados seguiría no seu cargo como-si aquí-no-pasara-nada unha ministra como Ana Mato? ¿Ou no que con cargo aos fondos reservados se lle pagaría por centos de miles de euros un chalet novo a un ex-ministro e amante das gasolineras como o célebre Pepiño Blanco? ¿Ou no que cando medio país anda sendo desahuciado os bancos perdoan durante catro anos o pago da hipoteca a un caradura tan lamentable e arribista, o listillo de turno, como Urdangarín, un home do que como ben di o xornalista Jesús Cacho empezou a facer o que vío que se levaba facendo toda a vida na casa na que por un azar da fortuna (máis ben un braguetazo) recaío? ¿Acaso non temos o que nos merecemos?
Non, querido accionariado, o supertrailer de insondables espacios e anchas profundidades tiña por destino o Parque Eólico do Vilán, por agora o capitán non cambiará os barcos (¿?) polos camións. Todos aqueles decrépitos e destartalados muiños eólicos que o que é producir non producían enerxía electrica nin para botar a andar a caixa rexistradora de Viproga SA (que xa é decir) serán substituidos por dous superxeradores que agora sí como si dun reactor nuclear soviético se tratara inundarán os postes eléctricos camariñáns con millóns de kilowatios. Unha avalancha eléctrica de tal calibre da que ata o mesmísimo Nikola Tesla fuxiría espantado. Agora, eso sí por moita tromba kilowática que se nos bote enriba, que ninguén espere que poñan en marcha cun repentino latigazo eléctrico as telarañas da maltreita, vaciada e desvencixada caixa rexistradora de Viproga SA (e SL, tamén).

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.