- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Marzo 2013 06 Marzo 2013

O mesmo día no que se conmemoraba o 60º aniversario da morte do maior tirano de tódolos tempos, Iosif Stalin, xusto na data na que chegaban ao seu fin os días doutro tirano, bananero e bufonesco éste, na mesma noite na que na industrial Manchester o máis glorioso dos clubs de fútbol escribiría outra das súas clásicas proezas, esto é, un 5 de marzo, procedían a ser arranxados os pantaláns da institución náutica decana da Costa da Morte. Para elo non foi necesario botar man dos máis de 8.000 euros de pufo que ten contraídos VIPROGA SL cos socios do Club Náutico de Camariñas, xa que a cantidade aínda non foi ingresada e en todo caso unha Candidatura Okupa capitaneada (munca mellor dito) por un plaxiador profesional e patrocinada por un asaltador de negocios profesionales e recoñecido pufista anda xa mirando de tentar un novo asalto pola forza ás instalacións do CNC para perdoar a escandalosa e vergonzosa débeda e restituir de por vida na concesión do bar restaurante aos que durante un ano longo okuparon ilegalmente as instalacións.
Pero para levar a cabo estas obras imprescindibles para ter os amarres nun estado impecable ante o verán que se aveciña, vitais de necesidade para repetir na obtención da que sería a 2ª Bandeira Azul da historia do Concello, esencial para que a primeira imaxe da nosa vila que perciben os visitantes marítimos sexa a dunhas instalacións serias e en perfecto orde, tampouco foi necesario recurrir ás arcas náuticas. Fruto de intensas e laboriosas negociacións con Portos de Galicia, finalmente a Xunta Directiva do CNC conseguío que fora o ente autonómico o que acometese unha inversión orzamentada segundo as fontes consultadas en preto de 70.000 euros e que conlevarán un completo repaso dos pantaláns e un arranxo de tódolos posibles desperfectos existentes nas instalacións náuticas. Sen dúbida algunha, outra importante logro da actual Xunta Directiva que rendir ante a masa náutica na Asamblea Xeral de Socios que terá lugar este sábado 6 de marzo de 2013.






















Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.