- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 26 Febreiro 2013 26 Febreiro 2013
Ao final cumpríronse as profecías de Camarinas.eu basadas en analoxías literarias e Camariñas acabou parecéndose á Nantucket de metade do século XIX: unha vila pantasma na que a meirande parte da súa poboación masculina anda embarcada por mares estranos. Daquela tratábase de travesías á procura da caza da balea que podían chegar a durar ata catro anos, cando por fin se emprendía camiño de regreso cas bodegas repletas de aceite de balea e outros derivados do gran leviatán marino. Desta volta a campaña non chegará ata os Mares do Sur nin ás augas antárticas nin ao Oceano Índico, tampouco será necesario circunnavegar o globo terráqueo, pero con todo un deixe de amargura e melancolía anda esparcido nestes días pola outrora tan bulliciosa e chea de vida Vila das Palilleiras.
Bares desertos, rúas baleiras, calma e silencio no ambiente dunha poboación da que se estima que ata 160 dos seus veciños marcharon cara o País Vasco para acometer a campaña do verdel. Especialmente impactante a imaxe do seu porto: pantaláns antes florecentes semellan agora unha paisaxe do outono tardío: árbores de ramas núas. Un dos últimos en marchar o noso querido amigo Mikel que subía á súa ninfa marina, a Jema, xunto a outra lancha a un camión para trasladarse por terra ata as Provincias Vascongadas. Un parón na gran labor informativa e xornalística que desenrola a diario no seu blog http://camarinasdirecto.blogspot.com.es antóxase como inevitable. Pero a diferencia do que acontecía no gran porto comercial da Nova Inglaterra alá polo 1840, glosado no seu día por todo un Herman Melville, esta campaña non se irá máis alá dunhas poucas semanas, o tempo necesario para que a nosa flota acade os seus topes e retorne chea de vida e futuro cara o seu porto base.



Comentarios
CAMARIÑASLIBRE. NO SABIA YO QUE PUBLICASE ALGUN COMENTARIO AQUI EN ESTA PAGINA,( MUY RESPETABLE POR MI PARTE ) COMO PARA RECIBIR RESPUESTA EN ELLA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.