- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Febreiro 2013 21 Febreiro 2013

É de salientar a gran vitalidade que esta recente xeración de patróns camariñáns imprimío a un porto como o noso, o único de todos os contornos que ve como a súa flota crece a ollos vista con novas e espectaculares embarcacións que recalan no mesmo e que cada pouco constata como estes novos capitáns intrépidos non dubidan un só instante en lanzarse á aventura lonxe das súas augas no afán de conquerir unha maior riqueza para a súa vila. Todos aqueles patróns lexendarios dos vellos tempos sen dúbidas se amosarían orgullosos de contemplar esta nova estirpe mariñeira criada baixo a éxida da experiencia e sabiduría duns cantos nomes míticos, os cales souberon transmitir todo o seu amor polo mar, polo traballo ben feito, pola vida mariñeira, a unhas xeracións que se afanan día a día en superar o seu exemplo. Agora voltan a marchar cara o País Vasco. Xa se albisca no horizonte un novo regreso triunfal da Flota Camariñana.
Comentarios
Todo daba a entender que era un día mais de faena, con abundantes capturas de sardiña e xurelo. As mulleres corrían pa enchelo-los cestos pa, logo, vender a mercadoría polas aldeas, ou na mesma Praza do pobo, co seu reclamo boureón de cornos. Malia a todo, aquel dia bulideiro e feliz, que prometía, axiña boureou os ánimos das xentes, ó ver como baixaba do barco unha angarella, portando a un afogado que, os nosos mares, cobraran como tributo, pa poder forxar ese espírito valente e arriscado do home do mar que hoxe ten.
Nestes tempos de progreso, existen outros medios mais eficaces ( grazas a Deus ) que axudan a evitar tantas traxedias que antano se estaban a producir no mar.
Sorte, prudencia e boa mareira, amigos.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.