- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Febreiro 2013 11 Febreiro 2013

Por elo, era cuestión de tempo que dende o Concello se puxeran man á obra para tratar de reparar o que constituía a todas luces unha inxusticia histórica e así esta semana pasada a Patrulla Municipal de Obras (PMO) irrumpía nesta céntrica arteria viaria do rueiro camariñán para repoñer un firme necesitado dun serio acicalamento. Constituido éste último por un enxambre compacto de adoquíns que vai dende o histórico Bar Jose Manuel ata a tenda de Ricardo Más, surxira entre as xunturas do mesmo unha tupida e frondosa masa forestal de malas herbas que foi aniquilada de raíz polos esforzados operarios municipais. Ademáis, para evitar no futuro novos resembrados procedíose a verter unha capa de cemento entre os adoquíns para que non volten crecer as herbas nin se depositen terra nin suciedade entre os mesmos.
Derrochados sen compasión os cartos públicos durante as épocas de esplendor, roubados ata a saciedade polos políticos os haberes públicos, pagados ás empresas de construcción sobreprecios por enriba do 20% para que esta mordida retornase aos partidos en forma de financiación ilegal, ao final resultou, como non podía ser doutra maneira, non haber un peso para novas obras públicas. E así, durante un tempo que se preveé longo, ata que os tetos volten a fluir abundantes e cremosos, listos para ser exprimidos de novo polos mesmos de sempre, haberá que contentarse con obriñas menores de reposición e rehabilitación como a que ilustra a presente noticia: investimentos de medio pelo. O cal, ao ver a situación presente de latrocinio indiscriminado e impune, tan extendida e xeralizada entre os Pais da Patria, seguramente levaría a tristes e amargas conclusións a Francisco de Pizarro, o dono dunha rúa no centro da mesmísima Camariñas, que non podería evitar pensar algo parecido a "conquistei para o meu país a metade do mundo, todo un Imperio cos seus reies, palacios, millóns de súbditos e riquezas, enviei ca mellor vontade un sinnúmero de galeóns repletos de ouro, plata, diamantes, cara a España, ¿onde se invertío toda aquela inconmensurable fortuna? ¿que quedou do maior tesouro que viron os séculos? Nada, absolutamente nada, roubado ata o último dos seus céntimos polos mesmos de sempre". Tal agora que hai xa cáseque cincocentos anos.
Comentarios
Ó subir pola do Medio,
e, a de Corral, ó pasar,
alí está a rúa Pizarro,
alí comezou meu cantar.
Alí as miñas lembranzas
vividas no meu lugar,
soñando volver con elas,
soñando con retornar.
A brancura da casiña
e mailas fervenzas do mar,
fanme chorar cando penso
no meu rueiro, no meu fogar.
Laiando fun pola vida,
cantando fun polo mar;
areas da miña vila
marcaron o meu pisar.
Canto mais lonxe pisaba,
mais me poñía a chorar,
e, o entrar polas Carballas,
rexurdía o meu cantar.
Cantaban comigo as fontes
e as neniñas ó falar,
cantaban os paxariños,
e, bruando, cantaba o mar.
O balcón da miña casa
e os xeranios da miña nai,
polo miudiño cantaban
ó ver pasar ao meu pai.
Todos engadían algo,
todos querían cantar,
un remuíño envolvente
buligaba por meu fogar.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.