- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Febreiro 2013 06 Febreiro 2013

Poucas veces se lembrará unhas trombas de auga tan continuadas como as que ao longo deste outono-inverno azoutaron Galicia. Especialmente sintomáticas as da derradeira semana: o Ézaro convertido nun remedo das Cataratas do Niágara, regatos desbordados por toda a xeografía galega, lagos artificiais aparecidos nas alturas de Buría ou piscinas naturais surxidas nun recodo do camiño que leva ata o Cemiterio dos Ingleses. Todo o continuo fluir hídrico que acompaña a ruta do visitante ata o lugar onde repousan os restos dos mariños do Serpent vese alterado cando de improviso, próxima a meta da súa viaxe, emerxe ante os seus ollos unha inmensa piscina natural que cáseque o obriga a dar media volta e enturbiar deste xeito unha prácida viaxe de lecer.
Porque claro un se mete co auto nunha charca de semellantes volumes e descoñecidas proporcións e quen sabe se quedará ca auga ata o mesmísimo pescozo. Porque xusto nos días en que se acometía esta visita periódica, nas altas esferas da nación, dende cabezas coroadas ata carteiras ministeriais, incluidos presidentes de goberno e de comunidades autónomas, a que debería dar en chamarse a élite da Patria, andaba precisamente ca auga ao pescozo, afogada polos desvelos da súa corrupción masiva e impune, enfangada nunha charca inmunda e criminal. E un, traballador honrado, obrigado a pagar os impostos máis altos de Europa a cambio de nada, pois xa me dirán vostedes que clase de servizos públicos de calidade recibimos a cambio, non quere andar metido en lodazais semellantes aos da chusma política antedita.
O auto xermánico, superado o vértigo inicial, encarou a piscina natural de Reira, bordeou as súas axitadas augas e saío sen maiores trancos do envite. Xusto igual que pasado un tempo acontecerá con toda aquela banda criminal e delictiva de políticos ("El PP saca a España de la Crisis y asombra al mundo", titulaba recentemente o seu estercoleiro cibernético habitual un notorio memo) que cos seus roubos e corrupcións masivas, putrefactas e continuadas rebaixaron a imaxe internacional da "Marca España" ata o nivel do fango, espantaron a inversión estranxeira, fixeron disparararse a prima de risco, e, efectivamente, asombraron ao mundo.








Comentarios
...........Jose Luis Moreno y sus muñecos ,un gran artista en una gran actuacion,les dedicamos desde aqui nuestro mas clamuroso aplauso y ojala llene todas las butacas,se lo merece ,es uno de los mejores ventrilucos del mundo,enhorabue na a la competencia por tan importante actraccion,un saludo señor Olveira y nuestras felicitaciones por su colaboracion a que nuestro ayuntamiento vaya para arriba,un fuerte abrazo
E TAMEN QUEREMOS QUE SE PUBLIQUE A DECLARASION DOS PUFOS DE DANIELITO.
¡¡O PUEBLO TEN DEREITO A SABER!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.