1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, 16 de Decembro, a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a XXXI Mostra do Encaixe De Camariñas.

O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores: José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González.

A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alacante, Guipuscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.

Desde a Mostra queren “felicitar a todas e todos os integrantes desta selección final, algúns e algunhas xa vellas e vellos coñecidos deste evento, e que contribúen co seu esforzo a superar un nivel xa de por si alto nos concursos anteriores” comentan e admiten que “O xurado vaino ter moi complicado outro ano máis”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.